Noticias de Hoy
ascension
Fecha: 29/05/2019 a 02/06/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Ascensión 2019 en Santiago de Compostela

Fiestas de la Ascensión 2019 de Santiago de Compostela.

Compostela celebrará as festas da Ascensión do 29 de maio ao 2 de xuño, cun programa "pensado para atender a un público diverso e no que todas as actividades volven ser de balde". A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe a programación, na que "haberá ata oito grandes concertos nas prazas da Quintana e do Toural, moitas propostas para o público familiar e actividades que forman parte xa da tradición das festas máis compostelás do ano".

A concelleira de Acción Cultural presentou hoxe a programación das festas da Ascensión, nunha rolda de prensa na que participaron algúns dos nomes propios da programación: Davide Salvado, que ofrecerá un concerto no Toural no marco do programa Artellando; e Abe Rábade, director do proxecto "Lorca namorado", que se vai estrear no marco das festas. Branca Novoneyra incidiu na calidade dunha programación na que "todas as persoas poden atopar propostas que lle resulten atractivas, mesmo en horarios moi diferentes para facilitar a participación nas festas de toda a veciñanza". Nesa liña, a concelleira salientou que o programa contempla actividades dende o mediodía ata ben entrada a noite, cunha atención especial ao público familiar. Destacou tamén "a variedade de estilos dun programa no que combinamos concertos con artistas coñecidos pola súa participación no exitoso programa televisión Operación Triunfo con espectáculos como o que lle renderá homenaxe a Federico García Lorca ou a actuación de Najla Shami".


Mércores 29 de maio de 2019

12.00 h. Disparo de bombas anunciando o comezo das festa.

12.30 h. COMPARSA DE CABEZUDOS. Teatro Principal. Percorrido pola Rúa Nova, Praza das Praterías, Fonseca, Franco, Praza do Toural, Rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, Praza de Cervantes, San Agustín, Casas Reais, Rúa Travesa, Preguntoiro, Fonte Sequelo e Rúa Nova

20.30 h. LALI AYGUADÉ. Praza de San Martiño Pinario. Danza contemporánea.

21.30 h. OS 40 POP. . Entrada libre ata completar o aforo. Presentado por Tony Aguilar

  • Roi Méndez, Ana Guerra, Nill Moliner, Ana Mena Carlos Right, Dani Fernánde. Praza da Quintana

23.00 h. ORQUESTRA CLAXON. Paseo Central da Alameda.

23.00 h. DAVIDE SALVADO “AMARELO” [MÚSICA] Praza do Toural. Entrada libre.


Xoves 30 de maio de 2019

12.30 h. COMPARSA DE CABEZUDOS. Teatro Principal. Percorrido pola Rúa Nova, Praza das Praterías, Fonseca, Franco, Praza do Toural, Rúa Nova, Caldeirería, Preguntoiro, Fonte Sequelo e Rúa Nova.

12.30 h. SESIÓN VERMÚ. MARTIÑA SOÑADORA [MÚSICA EN FAMILIA] Praza de Cervantes.

13.00 h. SESIÓN VERMÚ BRASSICA RAPA. Praza de Cervantes.

18.00 h. CIRCO NO ATO “A SALTO ALTO” [CIRCO] Praza Roxa.

FOLK NA RÚA

Praza de Santo Agostiño

  • 18.00 h. Brincadeira
  • 18.30 h. Colexiata do Sar
  • 19.00 h. Cantigas e Agarimos
  • 19.30 h. Ultreia

Praza do Toural

  • 18.00 h. Ultreia
  • 18.30 h. Cantigas e Agarimos
  • 19.00 h. Brincadeira
  • 19.30 h. Colexiata do Sar

Praza de Cervantes

  • 18.00 h. Cantigas e Agarimos
  • 18.30 h. Ultreia
  • 19.00 h. Colexiata do Sar
  • 19.30 h. Brincadeira Praza do Obradoiro

Praza do Obradoiro

  • 18.00 h. Colexiata do Sar
  • 18.30 h. Brincadeira
  • 19.00 h. Ultreia
  • 19.30 h. Cantigas e Agarimos Acibechería

20.00 h. Actuación conxunta FOLK NA RÚA

20.00 h. BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA & ODAIKO. “Vaia Banda”. Praza das Praterías

22.00 h. LORCA NAMORADO. Praza da Quintana. Entrada libre. [Abe Rábade | Salvador Sobral | Kike Morente | Arcángel | Marcelo DoBode |Davide Salvado | Susana Seivane]

22.30 h. ORQUESTRA SATÉLITES Paseo Central da Alameda

23.30 h. GERMÁN DÍAZ E BENXAMÍN OTERO. “13 CANCIÓNS BONITAS” [MÚSICA] Praza do Toural. Entrada libre


Venres 31 de maio de 2019

13.00 h. ZELTIA “IREVIRE” [MÚSICA] Praza de Cervantes. Entrada libre.

18.00 h. XLIII TROFEO DA CHAVE FESTAS DA ASCENSIÓN. Parque da Alameda (fronte á gardería de Santa Susana) Asociación de Xogadores da Chave de Santiago.

18.30 h. OBRADOIRO DE SWING. Praza de Cervantes.

18.30 h. SAMBIOSIS. BATUCADA.

  • 18.30 h. Puente Castro - Xeneral Pardiñas
  • 19.00 h. República do Salvador.
  • 19.30 h. Praza Roxa.

20.30 h. SWING NA ASCENSIÓN. Praza de Cervantes. Entrada libre.

21.00 h. SUSANA SEIVANE BAIUCA LIVE BAND. Praza da Quintana. Entrada libre.

22.30 h. ORQUESTRA DILEMA. Paseo Central da Alameda.

23.00 h. NAJLA SHAMI “ELA SABE A SOL” [MÚSICA] Praza do Toural. Entrada libre.


Sábado 1 de xuño de 2019

A FESTA NO TEATRO PRINCIPAL: Microespectáculos

  • 11.30 h. INACIO VILARIÑO. Rodari Rodari (monicreques)
  • 11.30 h. YOLANDA CASTAÑO. Contacontos en verso (poesía)
  • 11.30 h. PÉREZ&FERNÁNDEZ. A Tortoise, un can, two monsters e un picnic (monicreques)
  • 11.30 h. SERVANDO BARREIRO. Os c@ntos do bardo Abelarlo (contos e música)
  • 13.00 h. LYDIA BOTANA. De aquí para alá (música)
  • 17.00 h. ANXO MOURE. Cóntame un cine (contos e cine)
  • 17.00 h. XAROPE TULÚ. A miña primeira viaxe (teatro)
  • 17.00 h. SALETA FERNÁNDEZ. Pan con chocolate (contos)
  • 17.00 h. FANI TRIANA. Ilusionista (maxia)
  • 18.30 h. CHARO PITA. No país do vento (música)

Os convites pódense recoller na billeteira do TEATRO PRINCIPAL dende o día 21 de maio en horario de 18.00 – 21.00 h.

50 ANOS ALÓ

  • 12.00 h. Comezo da festa e photocall. Lembranzas dos negocios existentes nas nosas rúas. Apertura da Casa da Troia, con entrada libre a todos os que vaian vestidos da época (1969)
  • 13.00 h. Charanga BB+
  • 14.00 h. Sesión vermú a cargo de Dani Barreiro & Friends
  • 16.00 a 20.00 h. Xogos populares para nenas/os e non tan nenas/os
  • 17.30 h. As parábolas de Pakolas
  • 19.30 h. Banda Municipal de Música con Odaiko
  • 21.30 h. Bailes de Cuba a cargo de Marcos Pombo
  • 22.30 h. Los Mecánicos Vén vestida/o coas mellores galas dos anos 60 San Martiño Pinario

13.00 h. XOANA “DARDOS” [MÚSICA] Praza de Cervantes. Entrada libre.

XXII FESTA PARA OS MAIORES 7,50 euros. Billeteiras do Teatro Principal: A partir do día 20 de maio ata o día 1 de xuño. Horario: 11.00h – 14.00 h.

14.00 h. Xantar e a continuación actuación musical do DÚO CHARADA. Recinto Feiral de Amio.

16.00 h. XLIII TORNEO DA CHAVE FESTAS DA ASCENSIÓN. Asociación de Xogadores da Chave de Santiago Parque da Alameda.

20.30 h. VI CICLO MÚSICA DE CÁMARA NAS CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE – 2019. Quinteto Ricercata de EY: Juan Cossío, flauta; Yeimi Leguizamón, oboe; Ángel Martín, clarinete; María Bernal, fagot e Antonio Lasheras, trompa.

Claustro de San Martiño Pinario.

Os convites pódense recoller na billeteira do Teatro Principal dende o día 21 de maio en horario de 18.00 a 21.00 h.

21.00 h. NOVEDADES CARMINHA. Praza da Quintana. Entrada libre.

22.30 h. ORQUESTRA ATENAS. Paseo Central da Alameda.

23.00 h. DE MAR A MAR “MÚSICA DO MEDITERRÁNEO AO PACÍFICO”. Praza do Toural. Entrada libre


Domingo 2 de xuño de 2019

12.00 h. CONCERTO BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. Rúa Ramón Cabanillas.

12.30 h. SIRA E O ROBOT con Mark Wiersma e Miguel Mosqueira [MÚSICA EN FAMILIA] Praza de Cervantes. Entrada libre.

13.00 h. CHICHARRÓN “CANCIÓNS CLÍNICAS”. Praza de Cervantes. Entrada libre.

13.30 – 15.00 h. MACROBLOCO DO BATEBATUKE. Saída da Praza das Praterías, Rúa do Vilar e fin na Praza do Toural Ruada final do Festival Batebatuke no que participarán 120 percusionistas chegados de toda a península ibérica.

19.00 h. CORAIS NA RÚA. Praza das Praterías (no caso de choiva, no Teatro Principal)

  • Amigos de Compostela
  • Coto da Nai
  • Hermano Gómez
  • La Salle
  • Santa Susana
  • Ponte Mantible
  • Xúbilo
  • Cantorum Compostellana Coniunctio

Do 16 de maio ao domingo 2 de xuño. EXPOSICIÓN: “HISTORIA E TRADICIÓN DO COCHE DE CABALOS” Área Central


Artellando no Vermú, Artellando na Tarde e Artellando na Noite
Boa parte das propostas da Ascensión están vinculadas ao programa Artellando, que desta vez se deseñou en torno a catro apartados: Artellando no vermú, Artellando na tarde, Artellando na noite e A Festa no Teatro Principal.

29 de maio de 2019
12:30 horas. Martiña Soñadora e Sira e o Robot. Praza de Cervantes.
20:30 horas. Espectáculo de danza contemporánea da barcelonesa Laly Ayguadé. Praza de San Martiño Pinario
23:00 horas. Davide Salvado, presentará o seu novo espectáculo, Amarelo. Nel, o artista reinterpreta, dende a óptica contemporánea, cancións tradicionais galegas e doutras partes do mundo, acompañadas dos textos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés. No concerto, Davide Salvado estará acompañado por Pedro Pascual e Pablo Pascual. Praza do Toural.

30 de maio de 2019
12:30 horas. Martiña Soñadora. Praza de Cervantes.
13:00 horas. Brassica Rapa. Praza de Cervantes.
20:30 horas. A compañía brasileira Circo no Ato presentará o seu espectáculo A salto alto. Praza Roxa
23:30 horas. Tomarán o relevo Germán Díaz e Benxamín Otero, que presentarán o seu traballo Trece cancións bonitas. Praza do Toural.

31 de maio de 2019
13:00 horas. Zeltia. Praza de Cervantes.
18:30 horas. Día do Swing na Ascensión, en colaboración coa Asociación Compostela Swing. Praza de Cervantes.
20:30 horas. The Sar Swing Quartet. Praza de Cervantes.
23:00 horas. Será a quenda de Najla Shami. A cantora e compositora nacida en Compostela, pero filla tamén da cultura palestina, presentará o seu novo traballo discográfico, Ela sabe a sol. Praza do Toural.

1 de xuño de 2019
13:00 horas. Xoana. Praza de Cervantes.
23:00 horas. O ciclo Artellando na Noite pecharase co concerto ofrecido por De Mar a Mar, o grupo formado por Víctor Muñiz, Blanca Paloma, Wafir Gibril e Vicente Molino que fusiona a canción popular mediterránea co flamenco e cos sons latinoamericanos. Praza do Toural.

2 de xuño de 2019
12:30 horas. Sira e o Robot. Praza de Cervantes.
13:00 horas. Chicharrón. Praza de Cervantes.

[gallery columns="5" ids="16507,16508,16509,16510,16511,16512,16513,16514,16515,16516,16517,16518,16519,16520,16521" orderby="rand"]

 

ascension 2019
artellando 2019