Festival Rosalía 2020 en Santiago de Compostela.
O Festival Rosalía é unha iniciativa da Deputación da Coruña, que se desenvolverá na cidade de Santiago de Compostela o día 29 de febreiro na Praza de Cervantes como homenaxe a Rosalía de Castro.
Consiste nunha feira de produtos rosalianos con actuacións musicais, teatro, regueifa e obradoiros. Reinterpretada, revisitada, e reinventada constantemente durante os máis de 183 anos que leva entre nós, Rosalía de Castro converteuse na verdadeira heroína da nosa cultura e como tal o Festival Rosalía quere celebrar a súa vixencia e importancia.
Programa
11:00h. Apertura da Feira e Pasarrúas Rosaliano Teatralizado.
12:00h. Visita de Súper Rosalía.
12:15h. Obradoiro de Regueifa Rosaliana.
13:30h. Visita de Súper Rosalía.
13:45h. Caldo de Gloria.
17:00h. Rosalía (Teatro). Museo do Pobo Galego.
18:15h. Visita de Súper Rosalía.
18:30h. Rosas Negras.
18:45h. Visita de Súper Rosalía.
19:30h. Pasarrúas Rosaliano Teatralizado.
19:45h. Concerto Regueifa Rosaliana.
20:30h. Tino Baz.
[gallery columns="1" size="large" ids="17139"]