Noticias de Hoy
festival mar aberto 2023
Fecha: 07/07/2023
Horario: 01:00

Festival Mar Aberto

Mar Aberto é unha experiencia máxica que terá como escenario algún dos máis fermosos e impresionantes  recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas  artísticas deseñadas para cada espazo que che permitirán gozar de actuacións únicas e irrepetibles. 

Un concerto nun arsenal militar ou á luz dun impoñente faro, unhas impresionantes vistas sobre a ría ou un  espectacular solpor sobre o Atlántico, son algúns dos momentos exclusivos que poderás vivir en Mar Aberto. Unha fusión perfecta entre patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música; unha experiencia inesquecible  para os cinco sentidos. 

 Para esta edición contase con catro localizacións diferentes que teñen como referente próximo un faro  da costa galega ou espazo de beleza singular. “Son concertos de formato intimista en contornas singulares,  o que os converte en eventos moi especiais, únicos”, indicou a directora de Turismo de Galicia.  

Co obxectivo de facer un ciclo de concertos en espazos singulares e coa sostibilidade como elemento  transversal, vanse celebrar catro concertos no mes de xullo. O primeiro deles terá lugar no Arsenal Militar de  Ferrol, os vindeiros 7 e 8 de xullo coa actuación de Amaro Ferreiro, Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder,  entre outros.  

A fin de semana seguinte, os 14 e 15 de xullo terán lugar no Faro Cabo Silleiro (Baiona), onde actuarán Ses,  Monopolius Dop Lynn Milanés e Catuxa Salom.Os días 21 e 22 de xullo no Faro Punta da Barca (Muxía)  actuarán Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia.  

E finalmente, o derradeiro fin de semana de xullo, os días 28 e 29 de xullo actuarán no Faro de Corrubedo  (Ribeira), Blanca Paloma, The Gift, Sheila Patricia e Allova.  

Estes son algúns dos artistas que participarán nestas noites máxicas, xunto a DJs como DJ Russ,  Señora DJ e Rapariga DJ, que actuarán ao longo das 4 fins de semana.  

As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en www.festivalmaraberto.com dende o xoves 15 as 20h. 

festival mar aberto 2023 1