O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, coñecido como Noia Harp Fest, é o o único festival de Galicia e do noroeste da Península Ibérica que ten como absoluta protagonista a arpa. No seu cartel conflúen artistas de estilos moi diversos procedentes do ámbito galego, estatal e internacional, mais unidos pola interpretación musical a través da arpa. Bandas e solistas como Laoise Kelly, The Pozzies, Müsgo, SondeSeu ou Dilles Chabenat e Daniela Heiderich, entre outras, participarán na décima edición do NHF, que terá lugar do 3 ao 6 de agosto de 2023. Todos os concertos serán de entrada libre e celebraranse en espazos emblemáticos da vila de Noia, como é o caso da Praza do Tapal, da igrexa Santa María A Nova ou do Teatro Coliseo Noela.
Programación de concertos 10º Noia Harp Fest
Xoves 3 de agosto
Liceo de Noia, 19:00 horas
II Encontro de Escolas de Arpa de Galicia
Liceo de Noia, 20:30 horas
Foliada de benvida ao X Noia Harp Fest
Venres, 4 de agosto
Santa María A Nova, 19:00 horas
Laoise Kelly
Praza do Tapal, 21:00 horas
Gilles Chabenat & Daniela Heiderich
Praza do Tapal, 22:00 horas
The Pozzies
Sábado 5 de agosto
Teatro Coliseo Noela, 19:00 horas
Homenaxe a Nicanor Zabaleta. Asociación Española de Arpistas
Praza do Tapal, 21:30 horas
Real Filharmonía de Galicia. Estrea absoluta de Hibrys, gañadora do premio Portus Apostoli
Domingo 6 de agosto
Teatro Coliseo Noela, 19:00 horas
Müsgo
Praza do Tapal, 21:30 horas
SonDeSeu + convidadas. Estrea absoluta das suites Micelio e Escumas Atlánticas