Noticias de Hoy
Ars-Atlantica
Fecha: 11/03/2014 a 22/03/2014

Festival Atlántica 2014

O festival Atlántica concibe Galicia toda como un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán historias dos países que beirean o océano Atlántico, un enorme espazo cultural. Contadores e contadoras de Galicia, Portugal, Bretaña, Irlanda, Arxentina, Camerún... Atlántica baséase nunha programación inzada de historias para todas as idades, pero tamén no debate, na reflexión e no diálogo sobre a creación literaria e a lectura. Aínda están sin confirmar moitas datas e actividades, pero xa podes ver moito do que será Atlántica.

Programa Festival Atlántica 2014

11 de marzo de 2014
19:00. MERCEDES PEÓN. Conferencia Inaugural. Xénero e tradición: Reflexión sobre a creación de verdades e a adaptación contemporánea dos roles da creación colectiva. Presenta MARGARITA LEDO. Consello da Cultura Galega
22.00. MARIA DA PONTRAGHA. Ás voltas dos contos. Pub Atlántico

13 de marzo de 2014
17:00-19:30. CLARA HADDAD. Obradoiro de narración oral. CSC DE SANTA MARTA
21:30. CÁNDIDO PAZÓ. O Decamerón. Auditorio do CSC da Ramallosa. Teo

14 de marzo de 2014
17:00-19:30. CLARA HADDAD. Obradoiro de Narración Oral. CSC de Santa Marta
18.00. BARRY MANLEY. Obradoiro de Narración Oral. O Chouzo. Vigo
18:00. BONI OFOGO. O león Kandinga. Mediateca do Grilo. Cacheiras, Teo
20:00. BONI OFOGO. África Erótica. Museo do Pobo Galego
20:30. SOFÍA MAUL. Borriquita de Belem
22:30. BARRY MANLEY. An Seanachai Roadshow, contos de Irlanda (en castelán). De Catro a catro. Vigo

15 de marzo de 2014
11:00. Encontro de directores de Festivais para a creación dunha plataforma Internacional. Hostal dos Reis Católicos
17:00. CLAUDIA FONSECA. Cantos no colo para bebés e familias. Fundación Granell
17:00. Maratón de contos para nenos e nenas. Museo do Pobo Galego
18:00. RAQUEL QUEIZÁS. Nanocontos. Fundación Granell
19:00. CLAUDIA FONSECA.Cantos no colo para bebés e familias.. CSC das Fontiñas
20:00. Maratón de contos para adultos. Museo do Pobo Galego

16 de marzo de 2014
20:00. BARRY MANLEY. Contos en inglés. Espazo por confirmar
20:30. BONI OFOGO. África Erótica. Modus Vivendi

17 de marzo de 2014
18:30. QUICO CADAVAL. Por amor de Deus. Contos pola zona vella de Compostela. Saída desde a igrexa de San Fiz, xunto ao Mercado de Abastos. 40 prazas previa reserva
20:00. NICOLÁS MEZZALIRA. Lendas Artúricas I. Modus Vivendi.
20:00. BARRY MANLEY. An Seanachai Roadshow, contos de Irlanda.(castelán) Casa das Crechas

18 de marzo de 2014
18:00. MARÍA DA PONTRAGHA. Contos do ratiño. Biblioteca da Casa dos Comúns. Os Tilos, Teo.
19:00. SOFÍA MAUL. Bordadeiras. Fundación Granell.
20:00. NICOLÁS MEZZALIRA. Lendas Artúricas II. SOLEDAD FELLOZA. Sirenas de plata. Aula de Cultura do Mercado de Abastos.

19 de marzo de 2014
18:30. XOSÉ LUÍS BERNAL -FARRUCO-. Personaxes pintorescos na Compostela dos ’60. Saída desde a rúa do Vilar, nos soportais do xubileo pagano, fronte a Turgalicia. 40 prazas previa reserva
20:00. CELSO F. SANMARTÍN. Modus Vivendi
21:00. CLAUDIA FONSECA. Navegar é preciso… Borriquita de Belem

20 de marzo de 2014 - DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL
Xornada solidaria con Xuntos Podemos. Un conto, un potito. Santiago de Compostela.
Contacontos en centros escolares de Primaria e Secundaria. Vigo
CONVERSAS ATLÁNTICAS. O CULTO E O POPULAR NA TRADICIÓN ORAL GALEGA
18:00. Conferencia. A Raíña Lupa: as raíces dunha lenda. Antonio Balboa. Profesor.
19:00. Mesa redonda: O culto e o popular na tradición oral galega. Con Antonio Reigosa (Escritor e investigador) e Xosé Manuel González Reboredo (Antropólogo). Consello da Cultura Galega. Entrada libre.
20:00. Estrea como contadores/as dos alumnos do Centro de Oralidade de Vigo. Editorial Elvira. Vigo
Amadriñado por PAULA CARBALLEIRA. Coa participación de ANA CARREIRA
21:00. XURXO SOUTO. Contos do mar de Irlanda. A Nave de Vidán
22:00. PAULA CARBALLEIRA. Café Detrás do Marco. Vigo

21 de marzo de 2014
18:00. Presentación do libro-CD Os contos de Joselín, Primeiros documentos sonoros do teatro galego 1929-1949. Con Laura Tato (UdC), Ramon Pinheiro (aCentral Folque) e os narradores Quico Cadaval e Guti.
19:00. AVELINO GONZÁLEZ. Contas ou cantas. CSC de Conxo
21:00. QUICO CADAVAL e NARF. Obrigado!. Teatro Principal

22 de marzo de 2014
17:00. Sesión Infantil cos narradores do Festival. Auditorio de Galicia -Sala Mozart-
20:30. VICTORIA SIEDLECKI. Relatos Eróticos. Auditorio de Galicia -Sala Mozart-