Noticias de Hoy
Exposición Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela
Localidad: Miño
Fecha: 10/11/2020 a 24/11/2020

Exposición Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela

Fundación Carlos Casares.

A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades culturais que desenvolve no Concello de Vigo, abre a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”.  

A mostra poderá visitarse do 4 ao 24 de novembro na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Vigo (Concepción Arenal 8, baixo) e está destinada a todos os públicos. A exposición formou parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, que percorreu xa os concellos de Carral, Catoira, Nigrán, Ourense e Xinzo de Limia. 

O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia,  Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas),  con Galicia a través Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento  das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir,  dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu  patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida  e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo e a forxa da  unidade cultural europea. A exposición bota as súas raíces nos traballos do  medievalista Vicente Almazán (1924-2006), e no seu amor por Galicia. Na web da  mostra poden consultarse os textos da exposición, ademais de en galego, en castelán  e en inglés con posibilidade de escoitalos mediante lectura automatizada.