Exposición en A Coruña: Imaxe e Palabra
A exposición IMAXE E PALABRA, de Aspnais, na Biblioteca Nodal de A Coruña
¡Hoxe, mércores, ás 10,00 da mañán, na Biblioteca Miguel González Garcés de A Coruña, vai ser inaugurada oficialmente a exposición IMAXE E PALABRA, organizada por Aspnais con motivo do Cincuentenario desta entidade.
Durante as celebracións do Cincuentenario, arredor de douscentos lucenses visitaron as instalación da entidade nas Arieiras e Rampa de Claudio López, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.
Coas fotografías de 16 destacados fotógrafos e anacos literarios de 31 escritores (froito destas visitas), confeccionouse esta exposición que leva desde o comezo deste mes na Biblioteca coruñesa, e que hoxe se inaugura oficialmente por parte de Ovidio Rodeiro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en A Coruña. Asistirán os tres escritores residentes na Coruña, con textos na exposición: Iago Santalla, Xulio Valcárcel e Xosé María Gómez Vilabella.
Por parte de Aspnais acudirán o Presidente, José Reigosa, membros do equipo técnico da institución, tres monitores e 15 usuarios.
Os autores das imaxes e os escritores participantes son:
ALBERTO LÓPEZ ( Helena Villar Janeiro e Xosé Lois García)
FERNANDO GAGO ( Carlos López Fernández e Xosé Otero Canto)
GERARDO LOZANO (Felipe Arias Vilas e Xoán Xosé Fernández Abella)
GERMÁN LIMERES (Antonio Reigosa e Xosé María Gómez Vilavella)
INMA PURRIÑOS (F.J. Neira Pampín e Germán García Mera)
JULIO LEIRA SANMARTÍN (J.L.Durán Mariño e Xoan Neira)
MARÍA VICTORIA FERNÁNDEZ (Martiño Maseda e Marica Campo)
EDUARDO RODRIGUEZ OCHOA (Carmen Blanco)
OSCAR CELA (Luis Latorre e Xulio Valcárcel)
PETER SCHNEIDER (Eloi Caldeiro e María Xosé Lamas)
XOSÉ MANUEL OTERO CASTRO (Francisco Piñeiro González e Iago Santalla)
YOLANDA PURRIÑOS (Paco Martín e Manuel Xosé Neira)
ALVEZ (Alfonso Blanco Torrado e Ana Isabel Rodríguez)
JOSÉ REIGOSA (Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero e Toño Núñez)
J.VAZQUEZ (Manuel Regal Ledo e Henrique Alvarellos)
SEBAS SENANDE (B. Santín Carballada e Adolfo de Abel Vilela)