Noticias de Hoy
11193237_829789983763489_969773276838578316_n
Localidad: A Coruña
Fecha: 04/03/2016
Horario: 22:30

Estrea de MJ Band, en A Coruña

MJ Band + ITH (na sua xira de presentación de "Forte"):

MJ Pérez decide ir máis alá no seu percorrido e estrea agora un novo directo: desta vez con banda. A artista presenta o seu último disco, Guerrilleira, dun xeito máis potente e eléctrico, espremendo toda a forza dos seus temas.

Estará acompañada por Diego Fiuza á guitarra (un habitual nos directos da artista), agora súmase Alberto Rama á batería e Inés Mirás ao baixo (ambos compoñentes tamén do grupo Ivy Moon).

Será unha noite especial, un concerto dobre, xa que MJ compartirá escenario e dará paso ao concerto de ITH, que paran agora en Coruña dentro da súa xira de presentación de “Forte”, o seu novo disco. O escenario non podía ser mellor: a sala Garufa Club acollerá este evento no que a gran protagonista é a música en galego.