El Pequeño Verne é unha obra de teatro infantil cunha peculiaridade, a unión de dúas técnicas teatrais de forte impacto visual: a milenario técnica do Bunraku e Luz Negra.
Os personaxes (marionetas) son de papel maché, goma espuma, pinturas fluorescentes e outros trucos... Estes son manipulados coa técnica do Bunraku, que consiste en mover estas enormes marionetas mediante varas que, guiadas polos manipuladores, exercen o movemento do boneco. Isto, unido á luz negra permite ao manipulador a maxia da invisibilidade, é o que da vida e absoluto protagonismo ás marionetas, chegando ao esperado efecto visual e a unha gran sorpresa para o público en cada acción.
Esta obra de teatro é un espectáculo visual sen texto. Un argumento infantil dividido en sete escenas nas que transcorre a viaxe do mozo protagonista: Julio Verne! Momentos evocativos, oníricos e moi divertidos nos que o espectador comproba como xorde ante os seus ollos a maxia do teatro negro.
En El Pequeño Verne Julio é un neno ao que non lle gusta demasiado estudar... Un día, o libro que debería ler toma vida e o transporta a un mundo de coñecementos e aventuras, dando a volta ao mundo en globo, atravesando buracos negros, pelexando con polbos xigantes... Viaxando ao centro da terra! Esta aventura espertará a súa imaxinación e converterao nun dos máis fabulosos escritores: Julio Verne.
Produción: IRÚ
Dirección: Raúl Amores y Ricardo Cristóbal
Manipuladores: Raúl Amores, Ricardo Cristóbal, Aitor Presa, Javier Del Arco, Zoe Sepulveda.