LA FUNCIÓN HA SIDO CANCELADA
Na obra El amor de Eloy cada individuo encerra múltiples personalidades dentro de si mesmo e nalgunhas ocasións mestúranse creando dentro da nosa mente un debate interno que nos fai case imposible tomar calquera tipo de decisión.
No caso de Eloy, márcanse tres personalidades moi definidas interpretadas por tres actores distintos que comparten escenario durante toda a obra: o Eloy pesimista (David V. Muro), o Eloy romántico (Javier Martín) e o Eloy racional (Raúl Gómez).
O único tema de debate que teñen os tres son os seus problemas coas mulleres.
Despois de varios fracasos amorosos aparece nas súas vidas Ela (Patricia Pérez). Revolucionará as súas vidas e paseará o seu amor por cada unha das tres partes de Eloy, apropiándose dos seus sentimentos e do seu luxoso apartamento.
El amor de Eloy é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero na que critica duramente as relación de parella.
Autor: Ernesto Caballero
Dirección: César Lucendo
Escenografía: José Luis Raymond
Reparto: David V. Muro, Javier Martín, Raúl Gómez, Patricia Pérez.