Noticias de Hoy
Fecha: 12/04/2014
Horario: 13:00

¡De aquí para alá!

“¡De aquí para alá!” é un concerto de música para nen@s onde viaxaremos arredor do mundo a través da música gracias ás aventuras dunha bolboreta moi musical. Pasaremos por lugares coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns...rematando na nosa terra máxica: ¡Galicia!

O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por catro músicos que amosarán unha instrumentación variada: piano, marimba, batería, acordeón, congas, bongoes... Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas... xunto con un variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva... e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este espectáculo que ten por base a interacción co público que reirá, aprenderá e cantará durante todo o concerto xunto aos músicos e a narradora que guiará a historia.

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que nace co son dos instrumentos musicais e vai adquirindo novas cores nas súas ás a medida que vai coñecendo máis músicas. Embarcarémonos nunha aprendendo gracias ás imaxes e a actuación dos músicos que interpretarán as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público na procura de novos sons.

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska...

Unha viaxe divertida na que a música, os instrumentos e as cores son os protagonistas cos que descubriremos paisaxes sonoros distintos disfrutando e aprendiendo ó mesmo tempo.

Unha idea orixinal con música e arranxos de Lydia Botana, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical en decembro de 2011.

Ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Leva máis de oito anos traballando coma profesora de música para escolas de infantil e primaria, en campamentos, obradoiros de creación musical... Actualmente é a Xefa de Estudos da Escola Municipal de Música de Arteixo e imparte obradoiros sobre música en diversos centros educativos. Publicou o seu estudo realizado sobre "A presencia dos xéneros musicais na educación musical da provincia da Coruña" no Congreso sobre Educación e Investigación Musical (Madrid) en marzo 2012.

Como instrumentista creou diversas bandas coas que xirou pola Península Ibérica e na actualidade lidera a banda Bolboreta, é a baterista e acordeonista en Labreg*s do Tempo dos Sputniks, pon voz na Banda FURA FURA ...

En solitario ten publicado o tema “Quen nos queima” no recopilatorio “Lo peor de la rumba” xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka... Produce cancións coma “Longas merendas” para o Xabarín Club.