Rodrigo Costoya participa no ciclo "As orixes do descubridor, Colón galego", que se celebra no Círculo de Artesáns da Coruña. O venres 29 de setembro ás 19.30 horas ofrece a conferencia "A teoría do Colón galego" na que expon múltiples detalles que respaldan a teoría da orixe galega de Colón.
O escritor novelou o que os investigadores Celso García de la Riega e Alfonso Philippot foron revelando tras anos adicados á afianzar con datos relevantes a teoría do Colón galego. Esa novela, Portosanto, creada en galego e traducida xa ao castelán, leva xa cinco edicións na súa versión orixinal. A ficción recreada pola imaxinación do escritor compostelán, aínda que nado en Cantabria porque os seus pais emigraron alá, está conquistando a miles de lectores.
Costoya xa completou a triloxía titulada De luz e de tebras que comezou con esa novela, Portosanto, continuou con El Custodio de los libros e, finalmente, Hijos de Gael.