Noticias de Hoy
tiruleque_bn
Localidad: A Coruña
Fecha: 09/03/2018
Horario: 22:00

Concierto de Tiruleque en A Coruña

Concierto de Tiruleque en A Coruña.

O proxecto Tiruleque nace na primavera de 2002 como consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.

Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de Tiruleque é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.

Nas súas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa manera a tradición, Tiruleque recurre a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.

En Setembro de 2009 e tras sete anos dende a súa formación, Tiruleque publica o seu primeiro traballo discográfico "Tiruleque", autoproducido por eles mesmos. En Setembro de 2013, escollendo de novo a autoproducción, sae á luz o seu segundo disco, baixo o título "Mu!!".