Noticias de Hoy
los suaves
Fecha: 11/12/2015
Horario: 20:30

Concierto de Los Suaves en Santiago de Compostela

A historia dos Suaves non deixa de ser hasta certo punto coñecida, porque a historia do Rock'n'Roll esta chea de casos parecidos, se ben poucas bandas como eles foron tan malditas durante tanto tempo. Gracias á constancia, á confianza no traballo e ó apoio incondicional de cantos creen en eles, acadaron o recoñecemento que indudablemente merecían, pero nin moito menos chegaron ó seu límite. 1993 contempla o primeiro lanzamento discografico da banda de Ourense para unha multinacional, Polygram, baixo un gran L.P. chamado Malas noticias , que da por fin unha verdadeira dimensión ó poderio do conxunto galego, especialmente en canto a son, execución e produccion se refire.

Pero, ¿cal é o verdadeiro secreto do éxito dos Suaves? Se temos que afirmar que, como en todolos casos, unha gran banda é a esencia, aqui engadiremos que a verdadeira clave esta en Yosi que, ademais de compositor da música e cantante, é o autor das letras. Ahi é onde deben buscarse todalas respostas ós interrogantes que se poidan plantear acerca do éxito de esta banda, afianzado na espectacular entrega que xeneran os seus concertos.

Yosi

As letras de Yosi son penetrantes, sinceras, profundas, tristes, reflexivas, conmovedoras, intensas, radicales, comprometidas... A lista de adxectivos posibles é moi larga, pero o feito é que non hai calificativo algun que lles faga xusticia. Porque os seus textos son algo máis que cancións, son pura poesía. Yosi, personaxe carismatico, querido e admirado, ten ese privilexiado don de conectar coa sua xente, de trasmitir emocións, de facer que o seu publico sinta as suas cancions e se identifique con elas ata limites insospeitados. Yosi entrega nesas letras todalas suas preocupacións, obsesions, sentimentos...... e o seu amor incondicional ó Rock'n'Roll. A morte, as mulleres e o Rock forman un triangulo permanente nos seus escritos. A realidade, a mais cruda das realidades posibles, manifestase totalmente nos seus textos. Son o que se chaman "letras autenticas"; con alguns tintes autobiograficos, outras, "mensaxes antimilitantes", ainda que Yosi, no queira semellar un guia solo, como diria, é un musico con ganas de expresar o seu, dotado da capacidade de reflexar nas suas cancions os nosos sentimentos con extraordinaria sinceridade.

Traxectoria

Ata chegar ó emblematico tercer disco que os lanzou ó éxito - "Ese dia piensa en mi" - , en 1989, tiveron que pasar oito largos anos, durante os cales grabaron dous discos que no seu momento pasaron practicamente desapercibidos, se ben actualmente reeditaronse en Compact-Disc. A oportunidade de grabar o primeiro de eles, "Esta vida me va a matar"(1982), surxiulles despois de telonear a "Los Ramones" na Coruña, cando o grupo visitou o noso pais. Causaron sensacion, sendo felicitados no escenario por "Los Ramones" tras a sua primeira demostracion de forza e entrega. Aqui poderiase situar o inicio da andadura profesional dos Suaves, superanda xa a faceta en que tan só se reunian para tocar levados por esa comun devocion por os xeniais Thin Lizzy.

Web: www.lossuavesweb.com

Los Suaves