Noticias de Hoy
IMG 20160212 WA0000
Fecha: 05/03/2016
Horario: 21:30

Concierto de Esquíos + Os Derradeiros en Santiago de Compostela

Oito discos, e un sen fín de concertos e festivais por toda a Galiza, é o balance destos dez anos de traxectoria dos estradenses. O seu último disco, "A Diana Somos Tod@s", producido nos estudios Bonhan da Coruña, reflexa a madurez da banda, que está no seu mellor momento.

A xira 10º Aniversario comezará o vindeiro 4 de Marzo, na emblemática sala de concertos A Gentalha do Pichel, que xa forma parte da historia de Esquíos,

Estarán compartindo escenario coa banda de Punk, Os Derradeiros, formada por compeñentes doutros grupos xa desparecidos coma Retobato, Nhió!!, Die Tsunami, Comando Muerte, Os Indesexables; e que "tinhan ghana de voltar a facer ruido xuntos".

O repertorio do concerto fará un repaso de todolos éxitos dos da estrada, dende "Arden Os Montes" tema co que debutaron na TVG, ata os seus hits máis recientes.