Noticias de Hoy
Bolboreta
Fecha: 27/12/2013
Horario: 22:00

Concierto de Bolboreta

Concierto de Bolboreta en A Coruña

Bolboreta presenta un directo no que o fío conductor son a música e a mensaxe que Lydia Botana, dende Culleredo (A Coruña), quere transmitir xunto coa banda que recentemente a acompaña fusionando xéneros musicais coma o latin, o rock, o pop, o ska… e versións que abranguen dende o tradicional “Túa nai é meiga” ata o reggae de Bob Marley.

Xunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuitos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña); xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do film “L´uomo che verrâ”; 7º Busker´s Festival Barcelona; X e XI Foundation Reggae Festival; IX e XI Festival Reperkusión; Castañazo Rock 2011; Brincadeira 2011 e 2012; Nordestazo Rock 2011 e 2012; Festigal 2012; Festival Terra Brava 2012 e 2013; Festival Revenidas 2013; Castelo Rock 2013, etc.

En febreiro 2012 grava, íntegramente, “No me importa nada” e “Walk away” ó ser convidada pola Universidade de Paul McCartney en Liverpool onde actuou na mítica sala The Cavern. En agosto 2012 grava tamén “Quen nos queima”, coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios ke te crew) e ó baixo Sebas (Che Sudaka) que é escollida polos estudantes de secundaria de Galicia como gañadora do concurso Correlingua 2013 e pódese atopar no recopilatorio Lo peor de la rumba xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka, Tonino Carotone…

A banda Bolboreta confórmana músicos que veñen doutras formacións musicais galegas que fan desta mistura de músicas unha receta enerxética para o novo panorama musical galego. Eles/as son: Lydia Botana (Labreg@s do tempo dos sputniks, Banda Fura Fura) na voz, guitarra e acordeón, Paco Cerdeira (Zënzar, Mamá Cabra) á guitarra eléctrica, Torroncho (Anfibia, ex Ruxe Ruxe, Galicia Caníbal) ó baixo, Anxo Silveira (Talesien) á batería, Nuria Naya (Camándula) ó violín e colabora Xenderal aka Gendebeat (beatbox).

Na actualidade encóntranse gravando o seu primeiro cd e producindo temas coma “Longas merendas” con Xenderal para o Xabarín Club.

Web: www.lydiabotana.com