Noticias de Hoy
CARTEL. CONCIERTO ENCANADOS. COCINA ECONOMICA_page 0001
Fecha: 20/07/2023
Horario: 01:00

Concerto solidario da Asociación Lírica Encantados

A Sede Afundación A Coruña acollerá o xoves 20 de xullo ás 19.30 h o concerto solidario da Asociación Lírica Encantados a beneficio da Cociña Económica da Coruña, no que se poderá desfrutar de pezas de, entre outros compositores, Mozart, Verdi ou Rossini. As entradas para este evento están á venda en Ataquilla.com. A Asociación Lírica

Encantados xorde na Coruña, no ano 2005 cun carácter estritamente cultural e divulgativo, sen ánimo de lucro, mediante a organización de recitais, concertos benéficos, participación en concursos, galas líricas, etc. O seu leit motiv aséntase en que o canto profesional sexa, cada vez máis, un elemento próximo que poida inserirse na vida cotiá de todos os públicos, desde os máis pequenos ata aqueles de idade máis avanzada.

Movidos por este fin, agrúpase un elenco de cantantes líricos, cuxo nexo de unión é ―ademais do amor e do estudo profesional desta disciplina― o feito de ser alumnos dunha mestra común, Diana Somkhieva. A Cociña Económica da Coruña, entidade benéfica de carácter independente e obra da sociedade civil coruñesa, pode realizar o seu labor diario e abre as súas portas todos os días do ano (sen interrupción desde a súa fundación en 1886) grazas ás contribucións voluntarias.

Con esta entrada solidaria, quen acuda ao evento contribuirá a que toda persoa necesitada na cidade da Coruña poida seguir accedendo aos servizos asistenciais e relacionados coa hixiene persoal, que a Cociña Económica presta diariamente.