Noticias de Hoy
Tanxugueiras Coliseum A Coruña
Localidad: A Coruña
Fecha: por determinar
Horario: por determinar

Concerto de Tanxugueiras no Coliseum da Coruña

Tanxugueiras despídese de “Diluvio” cun concerto especial fin de xira que terá lugar o próximo sábado 16 de decembro no histórico recinto Coliseum da Coruña.

O trío decidiu poñer o broche final a esta fructífera etapa na súa terra. O mérito de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro é o de ter sido capaces de chegar a un público masivo derrubando as fronteiras lingüísticas cunha visión musical que recolle o legado das pandeireteiras e reinterpreta os sons dunha tradición milenaria para fusionalos con ritmos urbanos e electrónicos.

Unha explosión de modernidade marcada por un estilo épico e unha forza ancestral que as fixo triunfar polo mundo e que foi recoñecida pola industria con galardóns nos Premios Min e Odeón nas súas respectivas edicións de 2023.