Este venres 26 de marzo Guadi Galego volve aos escenarios con máis ganas que nunca para preestear Costuras no Festival Ellas Crean, que se celebrará no Museo Arqueolóxico de Madrid.
Un evento no que a artista e a súa banda quentarán motores para a xira galega, que comezará o 23 de abril no Auditorio de Galicia, en Compostela, e seguirá o día 24 no Teatro Colón da Coruña e o 15 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.