Noticias de Hoy
Localidad: A Coruña
Fecha: 20/05/2018
Horario: 20:00

Concerto de Davide Salvado en A Coruña

Concerto de Davide Salvado en A Coruña.

No XX aniversario de A Cova Céltica queremos facer a mellor programación posible, e logo de case tres meses de concertos, charlas, presentación e foliadas queremos rematar cunha gran festa como colofón final, onde a música sexa a gran protagonista.

Co fin de que caibamos o maior número de xente, celebraremos a festa o domingo 20 de maio no Garufa Club.

A xornada comezará ás 19h coa foliada dos Os Noventa da Coruña, banda xa mítica nacida no noso bar. A continuación, ás 19:30, chega a quenda dos Samarúas, grupo con gran proxección no panorama folk galego. Seguirá a festa cos Noventa no cambio de escenario para dar paso ás 21:15 ao prato forte da noite, Davide Salvado e Pedro Pascual, un dúo onde estes dous xigantes da música galega xuntan os seus saberes para o noso deleite. Todo isto será dirixido e animado por unha parella inigualable, Xurxo Souto e Teruca Queiro. Todo un pracer para nós contar con todo este elenco de grandes artistas e mellores amigos e amigas nosos.
Poderedes conseguir as vosas entradas dende hoxe mesmo na Cova Céltica até a mesma véspera dos concertos (sábado 19 de maio) por 8€. Tamén o mesmo día poderes facervos coa entrada na billeteira do Garufa por 10€.

Agardamos vervos a todos e a todas no Garufa no que será unha gran festa.