Noticias de Hoy
Ciclo de novos interpretes 2016
Fecha: 26/01/2016 a 08/03/2016

Ciclo de Novos Intérpretes 2016 da Asociación Galega da Lírica, en Santiago de Compostela

Chega á súa edición número dezaoito o Ciclo de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica, o certame galego dedicado a novos intérpretes máis antigo en activo. Este ciclo que a Asociación Galega da Lírica organiza en colaboración coa Universidade de Santiago, constará de nove concertos que se celebrarán até o mes de marzo. Máis de trinta novos músicos galegos e residentes en Galicia intervirán nestes concertos que comezarán ás oito do serán e nos que a entrada, como sempre, será libre. Novos músicos de toda Galicia intervirán nun ciclo no que a música de cámara será a protagonista e na que se poderán escoitar intérpretes dunha gran variedade de instrumentos (piano, violín, violoncello, clarinete, viola, etc.), canto e grupos de cámara (cuarteto de cordas; trío de frauta, violoncello e piano, etc.).

Programa completo

Todos os concertos serán no Paraninfo da Universidade da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela
Hora: 20.00. Con entrada gratuíta.

Martes 26 de xaneiro de 2016
JUAN COSSIO
INÉS PORTELA
IAGO HERMO trio de frauta, violoncello e piano
VITALII BARYLIAK piano
CUARTETO SUNRISE cuarteto de cuerda

  • LUCÍA CAMIÑOS BLANCO violín
  • SARA GARCÍA LÓPEZ violín
  • ELENA FERNÁNDEZ ZAS viola
  • LUCÍA VICENTE MARTÍNEZ violoncello

Luns 1 de febreiro de 2016
MARGARITA SARRALDE DIAZ piano
ALFONSO GONZÁLEZ MARTÍNEZ piano

Luns 15 de febreiro de 2016
MARINA HERMIDA RODRÍGUEZ violín
LUCIA CAMIÑOS BLANCO violín
DAVID LAMAS BLANCO clarinete

Martes 16 de febreiro de 2016
CARLOS J. FERNÁNDEZ BOLLO piano
DAVID VAAMONDE LÓPEZ piano
PAOLA BECERRA PAZ violín

Luns 22 de febreiro de 2016
ELENA FERNÁNDEZ ZAS viola
LAURA LÓPEZ RODRÍGUEZ piano
MANUEL ALEJANDRO VARELA BRAVO piano

Luns 29 de febreiro de 2016
LUÍS LÓPEZ JORGE violín
MARINA FERNÁNDEZ RUEDA piano
OLEKSANDRA TOTKALOVA piano

Martes 1 demarzo de 2016
ELENA RODRÍGUEZ OUBIÑA violín
PETRE ABRAHAM SMEU violín
CRISTINA BERNAL GÓMEZ piano

Luns 7 demarzo de 2016
JULIETA DIX MONTOYA piano
LAURA JUNCAL PAJARO violoncello
PALOMA DIAGO BUSTO violín

Martes 8 demarzo de 2016
CUARTETO KÖNER cuarteto de cordas

  • LIDIA SIERRA violín
  • LOU DELEBECQUE violín
  • CRISTINA SANTOS viola
  • CARLOS VESPERINAS violoncello

JULIA MARTÍNEZ SÁNCHEZ mezzosoprano
ANDREI ILIUSHKIN piano