Noticias de Hoy
caminos da auga
Localidad: Miño
Fecha: 17/04/2016
Horario: 11:30

Camiños da Auga, en Santiago de Compostela

O paseo das fontes realizarase o 13 de marzo ás 10:30h e o dos lavadoiros o 17 de abril ás 10:30h. Ámbolos dous paseos estarán guiados pola palabra de Encarna Otero.

COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

No ano 1975, a ONU celebrou por primeira vez o 8 de Marzo como Día Internacional das Mulleres. Esta data, que xa desde comezos do século XX fixaron no calendario internacional as reivindicacións dos movementos sufraxistas e sindicalistas de mulleres, adquiriu unha dimensión global desde o punto de vista institucional como espazo de converxencia das accións dirixidas a promover os dereitos das mulleres e a súa participación na vida política e económica.

Desde a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago consideramos que eses esforzos por converxer nas actuacións encamiñadas á promoción da igualdade deben basearse en traballar cunha perspectiva máis ampla e moito máis aló dun só día. Ademais, tamén deben incorporar unha clara perspectiva comunitaria e participativa, buscando promover sinerxias cos diferentes colectivos e axentes sociais do municipio e fomentando que a igualdade entre mulleres e homes sexa un obxectivo de toda a cidadanía.

Neste marco, propoñemos o desenvolvemento da campaña Compostela,Territorio das Mulleres , que abrangue diversas actuacións que se veñen desenvolvemento desde o mes de febreiro en Compostela e cuxos principais obxectivos son: visibilizar as achegas das mulleres en diferentes ámbitos e implicar á cidadanía na construción dun modelo de cidade máis amigable para/coas mulleres.

As cidades son espazos de convivencia, de tránsito de persoas, de experiencias vitais, de traballo, de lecer, de aprendizaxes… Son lugares onde converxen realidades e necesidades diversas, o urbano e o rural, pero tamén territorios onde se xeran desigualdades no acceso aos recursos, no acceso aos servizos, no goce dos dereitos sociais, económicos e culturais e onde a fenda de xénero as atravesa todas. Por todo isto, a través de Compostela, Territorio das Mulleres queremos traballar para implicar aos sectores sociais e económicos de Compostela na construción dunha cidade máis igualitaria, máis inclusiva e máis accesible porque unha cidade pensada para as mulleres é unha cidade mellor para toda a cidadanía.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635