Brinca vai! 2.0, en A Coruña.
- Fecha: 23 de abril de 2016
- Hora: 17:30 e 19:00 h
O músico Paco Nogueiras e o artista dixital José Miguel Sagüillo presentarán o espectáculo musical e audiovisual “Brinca Vai! 2.0” .Trátase dunha actividade dirixida a público infantil e familiar baseada nas cancións do libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por KALANDRAKA, no que Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal.
Ademais de interactuar coa “máquina” coa que Paco Nogueiras reforza as melodías dos instrumentos que toca en directo, esta versión 2.0 incorpora como elemento destacado unha “pantalla” na que Sagüillo proxecta fragmentos dos videoclips das cancións e mesmo fai partícipe o público, a través das imaxes en directo que transmite cunha cámara de video.
O humor está presente de principio a fin nesta función, na que maiores e pequenos moveranse a ritmo de rap, techno, rock e reggae, que son algúns dos estilos modernos que caracterizan as composicións de Paco Nogueiras para a proposta lúdica e transgresora do “Brinca Vai!”, ilustrado polo debuxante David Pintor.