O efecto da gravidade, o seu material, a súa forma... son o seu drama para chegar a respirar e desprazarse. As súas dificultades son tamén as súas únicas oportunidades para desenvolverse.
Esta obra de teatro será o 8 de novembro ás 11.30 e ás 13 horas e está dirixida a nenos de 1 a 3 anos.
Na súa viaxe, os obxectos, atoparanse e relacionarán coa máxima sensibilidade para formar diferentes personaxes e desenvolvendo contos nos que existir e expresarse. Así se ten a oportunidade de vivir diferentes vidas e realizar anhelos e soños. Facendo, desfacendo, transformándose... O paso do tempo marcado polas estacións cambia a enerxía en escena.