Noticias de Hoy
atlantic emprende gaias 2020
Fecha: 29/02/2020
Horario: 17:00

Atlantic Emprende + Gaiás 2020 en Santiago de Compostela

Atlantic Emprende + Gaiás 2020 en Santiago de Compostela.

Na súa terceira edición, Atlantic Emprende + Gaiás volve propor un espazo de debate e aprendizaxe entre profesionais, emprendedores, estudantes, empresas da industria musical e público xeral. O encontro ten como obxectivos o desenvolvemento de mercados, tanto para o sector musical como para aquelas empresas que busquen potenciar o seu negocio traballando coa música como ferramenta.

O evento ofrece a oportunidade de escoitar a figuras de primeiro nivel da escena nacional e internacional da industria musical que achegarán de primeira man as súas experiencias vitais e profesionais para servir de inspiración a estudantes, emprendedores e profesionais en activo.

CHARLAS E RELATORES

17.00h | BRETT ANDERSON, VOCALISTA DE SUEDE  
Tardes de persianas baixadas

Conferencia, en formato entrevista, na que Brett Anderson, cantante de Suede, fará un percorrido pola súa traxectoria musical a propósito da publicación dos seus libros Mañanas negras como el carbón e Tardes de persianas bajadas. Neles, revive a súa temperá paixón pola música, os incertos inicios, éxito fulgurante e progresivo derrube dunha das bandas imprescindibles do pop británico. 

Conducida polo xornalista e presentador de TV, Johann Wald –coñecido pola súa faceta como VJ á fronte da canle MTV España– que  leva máis de 15 anos dedicado a entrevistar a artistas musicais do panorama independente internacional. Actualmente traballa producindo contido audiovisual para Radio Primavera Sound, co-presentando o programa Internacional oficial do festival, Sprung!

18.00h |  ALBA BARNEDA, AXENCIA CANADA 
Creativos de nova xeración. O poder da imaxe na música ou a publicidade

Produtora creativa con sede en Barcelona e Londres, CANADA é moi coñecida polos seus traballos en videoclips musicais para artistas como Rosalía (os icónicos Malamente ou Pienso en tu mirá), C. Tangana, Bad Gyal ou Katy Perry; e spots publicitarios para clientes como Tinder, Mercedes Benz, Google, Uber ou Desigual. A súa participación nun proxecto é sinónimo de innovación e ambición, aplicando un saber facer e un estilo propio que configuran o seu selo de calidade.

19.00h | JAVIER MARISCAL, DESEÑADOR
Sorprender, fascinar, convencer

Na década dos 80, Javier Mariscal realizou os seus primeiros traballos como interiorista e deseñador de obxectos, que moi pronto lle valeron recoñecemento nacional e internacional. Entre os seus proxectos máis coñecidos atópase a mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 –Cobi– ou o filme Chico y Rita, dirixido xunto a Fernando Trueba, e gañador do premio Goya á mellor película de animación.

Entradas xa á venda

Entrada adianta: 10€ / Billeteira: 12€