Noticias de Hoy
O Asalto ao Castelo
Fecha: 01/07/2013 a 07/07/2013
Horario: 01:00 a 01:00

Asalto ao Castelo de Vimianzo 2013

O Asalto ao Castelo de Vimianzo é unha festa que se foi dimensionando e agora mesmo consta de moitas actividades, aínda que o prato forte é a representación teatral que recrea as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda Galicia e, particularmente, no Castelo de Vimianzo no século XV, onde o pobo se levantou en masa contra o poder abusivo dos señores feudais. Non pode faltar a música en toda festa que se preste, e antes e despois da representación os asistentes gozarán de concertos para todos os gustos.

PROGRAMA 2013

DE LUNS 1 DE XULLO A VENRES 5 DE XULLO
10:00 a 20:00 | Concello: Semana Cultural do Asalto (Casa da Cultura)

DE MÉRCORES 3 A SÁBADO 6 DE XULLO
12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 | VI PINCHOS IRMANDIÑOS

XOVES 4 DE XULLO
19:00 a 23:00 | Procesión da Santa Compaña Irmandiña (Rúa)
19:00 a 23:00 | Charanga Fantástica (Rúa)

DE VENRES 5 A SÁBADO 6 DE XULLO
10:00 a 22:00 | I CONCURSO DE FACHADAS (Vila)

VENRES 5 DE XULLO
21:30 | IV Cea medieval (Foso do Castelo)
01:00 | Portas Abertas. Mimo Clown Fredi Circanelo (Foso do Castelo)
01:30 | Concerto folk: A Requinta da Laxeira (Foso do Castelo)

SÁBADO 6 DE XULLO
MAÑÁ
10:00 a 20:30 | III Feira Artesanal (Praza do Concello)
10:00 a 20:30 | Mostra de artesanía en vivo (Castelo)
11:30 a 20:30 | Pincho doce: Graal da vitoria (Stand praza do Concello)
11:30 a 13:00 | Obradoiros infantís de caracterización medieval. Xogoflexia. (Praza do Concello)
11:45 | Baile tradicional infantil: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
12:30 | Baile galego: Foliada de Salto e Airiños do Río Grande (Praza do Concello)
13:00 | Pasarela de Traxes Medievais (Praza do Concello)
13:30 | Sesión vermú: Charanga Alvariza (Praza do Concello)
14:30 | Música de taberna: Cuarteto Xente Nova (Praza Castelao)

TARDE
III Feira Artesanal (Praza do Concello)
Mostra de artesanía en vivo (Castelo)
Pincho doce: Graal da vitoria (Stand praza do Concello)
15:30 | Exhibición de Tiro con Arco: Clube Dousxsetenta (Praza do Concello)
16:00 | Clowntamination: Rudi Dudi (Praza do Concello)
16:30 a 18:15 | ASALTIÑO

16:30| Taller de elaboración de traxes (Praza do Concello)
17:15| Concentración de tropa (Praza da Igrexa)
17:45| Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)

18:00 | Baile tradicional adulto: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
18:30 | Clowntamination: Rudi Dudi (Praza do Concello)
19:00 | Izado da bandeira irmandiña (Praza do Concello)
19:15 | Poxa de escravos (inclúe Poxa de ariete) (Praza do Concello)
19:30 | Percusión: Marcote´s & friends Street Band (Rúa)
19:30 | Circuíto musical: A. C. Trubisquiña (Rúa)
20:00 | Circuíto musical: Fol Siniestro (Rúa)
20:00 | Música de taberna: Cuarteto Xente Nova (Praza Castelao)
20:30 | Circuíto musical: Farrapos Novos (Rúa)
21:00 | Circuíto musical: Medio Quinhón (Rúa)

NOITE (CAMPO DA FESTA)
20:30 | CEA
Touciño entrefebrado con gornición e viño do país
Chourizo de poldro cortesía da Asociación Cabalar Monte Faro
Fin da ruta dos pinchos: agasallo irmandiño

22:30 | Luar na Lubre
Son, hoxe por hoxe, unha das bandas referencias do folk. Tendo a Galiza como punto fundamental do seu traballo, e tendo en conta o seu carácter, LUAR NA LUBRE entende que a música é un dos máis importantes factores culturais para a afirmación do dereito á diferenza arriquecedora do pobo galego. O grupo pretende que en Galiza predomine a súa propia cultura, aínda que non rexeita influenzas que melloren a proposta sen deturpar o xermolo central do seu proxecto.
Escoitar

00:00 | ASALTO AO CASTELO
A orixe. Representación teatral do Asalto 2013. Un relato que xira en torno ao comezo e o motivo das posteriores revoltas irmandiñas que forman parte da nosa historia. De cómo a ambición e as ansias de poder intrínsecas á raza humana fan mesmo trocar a un inocente campesiño nun infame e sanguinario vizconde que cambiará para sempre a plácida vida da comarca.

01:30 | Los Fulanos
Unha das grandes bandas triunfadoras da escena alternativa. Grupo que achega os ritmos quentes da salsa, o boogaloo e o groove co seu explosivo directo. Los Fulanos prometen crear unha atmosfera de suor a través dos inevitables movementos de cadeira dos presentes.
Escoitar

03:00 | Le Magnifique Bande dos Homes sen Medo
Prepárense vostedes para sucumbir aos encantos dos homes sen medo da Magnifique Bande, uns pintorescos á par que elegantes persoeiros que motivados polo seu voraz ego decidiron utilizar os seus coñecementos para o deleite da plebe: paseantes, melómanos, festeiros… Formada por tuba, trombón, trompeta, saxo alto, saxo tenor, fagot, guitarra e percusións, a Magnifique Bande defínese como unha NON CHARANGA!!!
Escoitar

04:30 | Residuos Atractivas
Folk galego pachangueiro humorístico que dá lugar a un estilo xenuíno: o palleiro punk. Un espectáculo para o remate digno de disfrutar en directo. Composto por uns mozos que foron quen de dar forma ás súas ideas para poder facer de cada concerto unha festa.
Escoitar

DOMINGO 7 DE XULLO
11:30 | Castelo vivo, un paseo pola historia: QUINQUILLÁNS (Castelo)
17:30 | Castelo vivo, un paseo pola historia: QUINQUILLÁNS (Castelo)

Outros:
Servizo de Cociña
Zona de Acampada e Duchas
TRAXES PARA ALUGAR OU MERCAR
Stand Irmandiño na praza do Concello (comida, bebida, tenda, información)
Entrada de balde: axúdanos, non fagas botellón! Ten conciencia. Ten sentido.