Noticias de Hoy
Localidad: A Coruña
Fecha: 30/10/2017 a 06/01/2018

A Arte no cómic en A Coruña

A Arte no cómic en A Coruña

CICLO DE CINE «A ARTE NO CÓMIC»
Abrirá esta proposta o vindeiro luns 30 de outubro a película Aya de Yopougon, unha adaptación do cómic de Clément Oubrerie, autor presente na exposición «A Arte no Cómic», e Marguerite Abouet. Trátase dun filme de animación do ano 2010 ambientada nos anos setenta en Yopougon, un barrio de Costa de Marfil, que narra a historia de Aya, unha moza de 19 anos que prefire quedar na casa estudando a saír a bailar polas noites coas súas amigas, Adjoua e Bintou.

6 de novembro con Le chat du rabbin (O gato do rabino), unha adaptación do cómic homónimo de Joann Sfar que obtivo o premio a Mellorpelícula de animación no Festival de Xixón, entre outros.
13 de novembro proxectarase Le tableau (O lenzo), película de animación protagonizada polos personaxes dun cadro e dirixida por Jean-François Laguionie.

20 de novembro poderase ver Le jeune fille sans mains (A nena sen mans), de Sébastien Laudenbach . É unha historia baseada nun conto dos irmáns Grimm que utiliza os
recursos da pintura, o cómic e a ilustración.
27 de novembro Quai d’Orsay (Crónicas diplomáticas), de Bertrand Tavernier, unha comedia de imaxe real que adapta a bande dessinée Quai d’Orsay de Christophe Blain e Abel Lanzac.
4 de decembro pecharase este ciclo con Rosalie Blum, de Julien Rappeneau, unha adaptación en imaxe real do cómic co mesmo nome de Camile
Jourdy.

CICLO DE CONFERENCIAS «A ARTE NO CÓMIC»

Ademais do ciclo de cinema, Afundación programou un ciclo de conferencias e mesas redondas que terán lugar todas elas na sede coruñesa da entidade con entrada libre e
gratuíta ata completar aforamento.
As charlas repartiranse en dúas xornadas:

venres 17 de novembro:

18h30 conferencia «Os museos vistos polo cómic» a cargo de Asier Mensuro na que se tratará a relación das institucións culturais co cómic. A continuación, ás
19h30  mesa redonda na que se expoñerán algúns exemplos de publicacións de cómic impulsadas polas devanditas entidades que contará coa participación de Fabrice Douar, do Museo do Louvre; José Manuel Mantilla, do Museo Nacional del Prado e Ana Cela, do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.

sábado 18 de novembro

11h30  conferencia «Biografías de pintores de cómics» a cargo de Asier Mensuro

12h30  mesa redonda na que participarán Sagar Forniés, autor do cómic, xunto a Aurélie Herrou, patrocinado polo Centro Pompidou de París, e Ricardo Efa, autor do
cómic Monet. Nómada de la luz.
18h30 conferencia «O cómic en Galicia. Desde as orixes á actualidade» a cargo de Octavio Beares.

19h30 mesa redonda «O cómic como arte» con Miguel Anxo Prado, Jacobo Fernández e Brais Rodríguez e con Octavio Beares como moderador.

A EXPOSICIÓN «A ARTE NO CÓMIC»
Na mostra «A Arte no Cómic», comisariada polo historiador Asier Mensuro e producida por Fundación Telefónica, 73 debuxantes e artistas da novena arte reinterpretan as
grandes obras da historia da pintura universal.
A mostra está estruturada en tres espazos: a presenza do cómic nos grandes museos; historietas desenvolvidas por autores galegos, que inclúe a interpretación en cómic da
Colección de Arte de Afundación, obra do ilustrador Jacobo Fernández Serrano; e a homenaxe que realizaron algúns debuxantes a pezas de arte emblemáticas.
A exposición mostra, entre outras, obras do Museo Louvre, do Museo del Prado, con obras inéditas que se poden ver por primeira vez neste proxecto, ou do Museo Thyssen-Bornemisza, que actúan como colaboradores desta orixinal exposición.
Poderá visitarse na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) ata o próximo 6 de xaneiro de 2018, de luns a venres de 17 a 21 h e os sábados de 12 a 14 e de 17 a 21 h.