Noticias de Hoy
a1eebd4c 5423 42c8 af47 090b75b8edea
Fecha: 04/03/2021

Actividades culturais para marzo e abril 2021 nas Pontes

O Concello das Pontes anunciou as actividades culturais para marzo e abril 2021 e nas que haberá teatro, cine e concertos.

Así, o primeiro dos actos será mañá día 4 ás 18.00 horas na Casa Dopeso e será o espectáculo Familias Diversas a cargo de Trinkentrinke Teatro, e está dirixido aos máis cativos de entre 4 e 7 anos.

O sábado, 6 de marzo, no Auditorio Municipal Cine Alovi, Leilía celebra o seu 30º aniversario co espectáculo CantarElas. Un espectáculo que florece aunando temas emblemáticos, que acompañaron e emocionaron a Leilía e ao seu público nos directos, con temas pouco coñecidos e revestidos co toque actual da banda. 

CantarElas é unha viaxe a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos... e un convite a percorrer con Leilía a súa historia, nun espectáculo co que queren agasallar ao público que as acompañou estas tres décadas.

As actividades continuarán o xoves 11 co teatro para nenos a cargo de Apiario ás 18.00 horas na Casa Dopeso, o sábado 13 proxectarase a película Somos Criminais ás 17.00 e ás 19.00 horas no Alovi.

Xa o día 20 e ás 18.00 horas, e tamén no Alovi, será a hora de Educa Teatro Producións e o seu espectáculo O mundo máxico de Pinocho, e na Casa Dopeso poderase desfrutar da película Lúa Vermella ás 17.00 e as 19.00 horas. E o venres 26 a compañía de teatro Chévere representará Curva España ás 20.00 no Alovi.

O día 27 de marzo haberá un concerto de Malevaje ás 19.00 horas, o día 31 tamén ás 19.00 horas Gallaecia All Stars presentará o seu espectáculo Mellor e mellor, e xa o 10 de abril ás 19.30 horas será a actuación de María José Llergo. Todas estas actuacións será no Alovi.

 

PROGRAMACIÓN

Día 4 ás 18.00 horas na Casa Dopeso - espectáculo Familias Diversas

Día 6 no Auditorio Municipal Cine Alovi - espectáculo CantarElas

Día 11 ás 18.00 horas na Casa Dopeso - teatro para nenos

Día 13  ás 17.00 e ás 19.00 horas no Alovi - película Somos Criminais

Día 20 ás 18.00 horas no Alovi - espectáculo O mundo máxico de Pinocho,

Día 20 ás ás 17.00 e as 19.00 horas na Casa Dopeso - película Lúa Vermella.

Día 26 ás 20.00 no Alovi -Teatro Curva España

Día 27 de marzo ás 19.00 horas no Alovi - concerto de Malevaje

Día 31 ás 19.00 horas no Alovi - concerto de Gallaecia All Stars

Día 10 de abril no Alovi - concerto de María José Llergo ás 19.30 horas