Xuntanza de Gaiteiros de Airiños de Fene

Fecha 24-10-2020
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Fene

A praza do alcalde Ramón José Souto González acolle este sábado 24 de outubro, ás 20.30 horas, unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros que organiza Airiños de Fene coa colaboración do Concello. Atendendo aos protocolos para facer fronte á Covid-19, nesta ocasión o certame terá lugar baixo estritas medidas de seguridade e hixiene, con aforo limitado a 146 persoas e con reserva previa de entradas a través de Ataquilla.com (A PARTIR DE MAÑÁ MARTES ÁS 9:00h.). Ademais, como novidade, esta XXXII Xuntanza Airiños de Fene será a primeira que se retransmita por streaming.

Nesta edición de 2020 a Xuntanza de Gaiteiros de Airiños de Fene reinvéntase e ofrece a posibilidade de asistir ao encontro presencialmente ou virtualmente.

As persoas que acudan este sábado, previa reserva de entrada, á Praza do alcalde Ramón José Souto González poderán gozar da actuación ao
vivo de Tiruleque, presentando o seu último espectáculo “Outro que tal baila”. Dende a organización recoméndase aos/ás asistentes acceder ao espectáculo con tempo suficiente de antelación xa que a reserva de entradas perderá vixencia se non se está na fila de entrada 15 minutos antes do comezo do mesmo. A partir dese momento admitirase a entrada sen reserva, por orde de chegada e sempre que haxa aforo dispoñible. En canto ás medidas hixiénico-sanitarias implantadas, lémbrase que haberá un punto de desinfección de mans e que o uso da máscara será obrigatorio. Ademais, non se permitirá o acceso con comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos pola organización. Por último, o público permanecerá sentado en cadeiras individuais (non haberá para grupos de convivintes) durante todo o espectáculo no lugar que lle asigne a organización e realizará a entrada e saída de xeito ordenado seguindo as instrucións da organización..

As persoas que sigan a Xuntanza dende a casa –Facebook de Airiños de Fene- poderán presenciar o concerto de Tiruleque en directo pero, a
maiores, contarán xa dende as 20.00 horas con contidos adicionais (vídeos) nos que se fará un percorrido dende o inicio das xuntanzas ata o día de hoxe, lembrando a todos/as os/as homenaxeados/as e participantes de ditas xuntanzas. Tamén se anunciará a través desta vía “aos homenaxeados do ano que ven no que si todo acompaña recuperaremos o formato completo de anos anteriores”. E xa por último, poderán gozar dunha pequena mostra do proxecto no que Airiños de Fene está inmerso na actualidade coa súa sección Setestrelo, un espectáculo músical, visual e teatral dos diversos camiños de Santiago.

Dende o ano 1989 Airiños de Fene organiza a Xuntanza de Gaiteiros coma “un acto para dar a coñecer a nosa música tradicional pero tamén
para o intecambio de ideas e proxectos que axuden a potenciar tanto a música tradicional como o noso idioma e as nosas tradicións. Tradicionalmente Airiños de Fene aproveitou a celebración deste encontro anual “para homenaxear a algúnha persoa, grupo ou entidade que se caracterizara por gardar, recoller, recuperar, aprender e dar a coñecer tanto o baile como o canto e a nosa música tradicional”. Aínda que nesta XXXII Xuntanza de Gaiteiros non haberá nin persoa nin grupo homenaxeado, a banda fenesa convidou a participar a Tiruleque.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×