Noticias de Hoy
Localidad: A Coruña
Fecha: 31/01/2019 a 14/03/2019

Selección Noroeste 2019 presenta en A Coruña: Dead Combo, Tachenko y Sidecars

Selección Noroeste 2019 presenta en A Coruña: Dead Combo, Tachenko e Sidecars.

O Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación prolongada ao longo de todo o ano grazas á Selección Noroeste, o seu ciclo de directos singulares para padais exquisitos, que regresa neste comezo de 2019 con tres novos concertos para gozar das mellores bandas e artistas desde o patio de butacas. Así, o ciclo Selección Noroeste Inverno 2019 traerá por primeira vez á Coruña a Dead Combo (xoves 31 de xaneiro, ás 20.30h). A reputada banda de orixe luso aterrará no Teatro Colón para presentar os temas do seu último traballo, Odeon Hotel, unha viaxe apaixonante que combina á perfección o son tradicional portugués e a música universal. Pola súa banda, o indie pop estatal máis pegadizo chegará ás táboas do Colón por partida dobre da man de Tachenko (xoves 21 de febreiro, ás 20.30h), que regresa á Coruña co seu octavo disco El don del vuelo sin el arte hermano del aterrizaje, e Sidecars (xoves 14 de marzo, ás 20.30h), que presenta os temas do seu celebrado álbum Cuestión de gravedad na xira especial Teatros Tour, coas entradas xa esgotadas. As entradas para os concertos de Dead Combo e Tachenko dentro desta Selección Noroeste Inverno 2019 están á venda a través das plataformas online Ataquilla e Ticketea.

Xoves 31 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Teatro Colón.

DEAD COMBO. A reputada banda lusa nada en 2003 e liderada por Tó Trips y Pedro Gonçalves Dead Combo lanzou o seu sexto álbum de estudio en Portugal o pasado mes de abril e entrou directamente ao número 1 en todas as listaxes de éxitos do país. Odeon Hotel -gravado e producido por Alain Johannes (Queen Of Stone Age, PJ Harvey ou Chris Cornell, entre outros)- resume moi ben a combinación perfecta entre o son tradicional portugués e a visión universal existente na composición das cancións de Dead Combo. O novo disco conta con 13 incribles temas que fan que o público viaxe a un hotel esquecido no tempo. A historia visual foi gravada con lendas portuguesas como Alexandre Frazão á batería, Bruno Silva á viola de arco, João Cabrita ao saxo e as percusións de Mick Trovoada. Alain Johannes, ademais das tarefas de produción e mestura, tamén toca no álbum. Un dos moitos momentos que ofrece este apaixonante disco é, sen dúbida, a presenza do cantante e compositor norteamericano Mark Lanegan, que leva a súa voz profunda e única de barítono ao tema I Know, I Alone, un dos poemas máis belos e aclamados escritos en inglés polo poeta portugués de renome internacional Fernando Pessoa. Odeon Hotel presentouse en directo en Portugal en 2018 e atópase en medio dunha ampla xira coa que visitará por primeira vez a cidade da Coruña dentro da Selección Noroeste 2019.


Xoves 21 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Colón.

TACHENKO. Tachenko -banda integrada por Sergio Vinadé, Sebas Puente, Alfonso Luna e David Garcia “Libi”- regresa este mes de febreiro á cidade da Coruña para presentar o seu novo disco El don del vuelo sin el arte hermano del aterrizaje. O músico Miqui Puig o introduce así: “Dentro duns anos faremos catas verticais cos discos de Tachenko. Reunirémonos para debatir con vellos pantalóns de pana desgastados e americanas que nalgún momento foron bonitas (con codeiras, por suposto). Escolleremos con coidado cada palabra para impresionar aos estudosos dos distintos puntos cardinais alí reunidos, para sorprenderlles coa frase analizada ese semestre na cátedra de teña cada quen. E a colleita de 2018 será das boas, das excelentes, porque neste ano choveu moito e isto axuda. Ao campo e a vida en xeral. Esa vida sinxela que Tachenko retrata en cada un dos seus discos. A que celebra o xesto menor coma unha vitoria. Certeras palabras acomodadas en melodías marca da casa. En tempos onde as follas promocionais deben vender fume con absurdos detalles que non importan, escribir acerca da nobre materia deste arte que é facer cancións non sabedes como me gusta. Elas falan. Non fai falla dicir que maduraron, porque só se fixeron máis vellos, no sentido da sabiduría adquirida entre risas, copas e bicos de amigos. Porque iso é para min Tachenko, a célula activa xunto ao Ebro á cal acudo cando quero que a guerra das cancións non remate nunca. Aquí está a colleita de 2018. Saboréaa como algo único, por favor, non o tomes á lixeira, non deberías”. O disco, o octavo da carreira de Tachenko, foi gravado en El Cariño polo ex da banda (e actual líder de León Benavente) Edu Baos, mezclado por Luca Petricca nos Estudios Reno e masterizado por Javier Roldón en Vacuum Mastering. A ilustración de portada é obra de Ainhoa Motilva.


Xoves 14 de marzo, ás 20.30 horas, no Teatro Colón (sold out).

SIDECARS. Con máis dunha década de carreira ás súas costas, Sidecars continúan coa presentación do seu cuarto disco Cuestión de gravedad, que lles consolidou como unha das máis firmes apostas da actualidade musical estatal, toda unha promesa feita realidade. Agora, a banda madrileña lle da unha nova volta de porca ás cancións deste celebrado último álbum nunha xira moi especial, coñecida como Teatros Tour, coa que visitará algúns dos auditorios máis singulares da nosa xeografía ao longo de 2019, na que non faltará o seu actual single Amasijo de huesos, que convertiuse nunha das cancións máis destacadas nas radios españolas no final de 2018, chegando a novos públicos e horizontes, como demostra a súa recente visita a México. Tralos exitosos inicios do presentación de Cuestión de gravedad (con catro sonados ‘sold outs’ na Riviera madrileña e visitas a algúns dos mellores festivais do verán peninsular, como o Arenal Sound, o Weekend Beach ou o Sonoroma), Sidecars chega agora á Coruña con esta xira tan especial en teatros e auditorios, cun repertorio e unha posta en escena especialmente deseñadas para a ocasión, a golpe de melodías pegadizas e estribillos cómplices, con ese pop canalla e elegante que o grupo sabe tecer sobre os escenarios con pasmosa facilidade e efectividade.