(S8) Mostra de Cinema Periférico

Fecha 20-10-2020 a 24-10-2020
Lugar ,
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×
Sede Afundación obra Social Abanca, A Coruña

O (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña continúa esta semana coa súa actividade. Será a través do obradoiro XPRESA, no que membros da Asociación Galega de Asperger (ASPERGA) e da Fundación Adultos Discapacitados de A Coruña (ADCOR) poderán desenvolver e utilizar o seu potencial creativo da man de profesionais da arte cinematográfica.

O taller, que se celebrará entre o 20 e o 24 de outubro, nace froito da vontade do festival de ofrecer un curso que lle permita a persoas con capacidades diversas facerse con ferramentas coas que poder experimentar e expresar as súas propias capacidades. Deste xeito fomentarase a creación libre e estimulante de pezas cinematográficas persoais, feitas desde a intuición previa ao aprendido, desde os sentidos.

Terá dúas partes: unha online e outra presencial. Durante o martes 20 e o mércores 21 a Asociación impartirá o taller de forma telemática a tres centros da Asociación ADCOR. O sábado, o taller Xpresa celebrarase de forma presencial para membros de ASPERGA entre a Sede de Afundación obra Social Abanca e as súas inmediacións.

O resultado de XPRESA estrearase na sede de Afundación obra Social Abanca da Coruña coa presenza dos seus autores/a que presentarán e abrirán un dialogo co público asistente. A exhibición das pezas creadas continuará cunha itinerancia nas sedes das asociacións colaboradores ASPERGA e ADCOR.

A Mostra, que presenta neste proxecto a súa aposta por usar a creación cinematografica como motor de inclusión social, conta nesta terceira edición de XPRESA co apoio da Fundación Emalcsa a través do seu Programa Cultura Accesible e Inclusiva e a colaboración de Afundación obra Social de Abanca

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×