Noticias de Hoy
Localidad: A Coruña
Fecha: 05/07/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Presentación de Re Pensar a Democracia en Coruña

Presentación de “[Re] Pensar a Democracia”

Data: miércoles 5 de xullo
Hora: 20.00
Lugar: librería Formatos

O próximo miércoles 5 de xullo, ás 20 horas, na Libraría Formatos, terá lugar a presentación do ensaio [Re] Pensar a Democracia, da editorial OBenComún.
No acto estarán presentes Iñaki García, Victoria Esteban, Xoán Hermida, Juan Carlos Fernández Naveiro e Luis Villares.
O foro de pensamento renovador OBenComún lanza con este o 4º titulo do seu selo editorial. “[Re]Pensar a Democracia” volve ser unha obra coral, ao  igual que o anterior titulo “Ecoloxismo Político: Olladas desde Galicia”, adicado ás cuestións relacionadas coa reinterpretación da democracia en clave de radicalidade participativa e rexeneración ética.
Este libro, pensado para achegar reflexións sobre a democracia, a radicalidade e os seus  límites, xestouse cara a finais de 2015. Nese momento viviamos o entusiasmo que producía a comprobación práctica de que o movemento cidadanista impulsaba plataformas de cambio real nun momento político que situaba o factor democrático no centro da súa construción paradigmática, dándolle máis preponderancia ao eixo arriba/abaixo, centrando a axenda política na rexeneración dun modelo atrapado na lama da corrupción e valorando a radicalidade democrática diante doutros aspectos agora máis secundarios.
Capítulos e autoras:
- Filosofía da democracia (Juan Carlos Fernández Naveiro)
- Proceso constituínte e nova democracia (Xoán Hermida González)
- Rescatar a democracia desde os concellos do cambio (Laia Ortiz Castellví e Sergio de Maya García)
- Todo o trabalho é produtivo: economias de abundância e da sobriedade (Teresa Cunha)
- Os movementos veciñais e o dereito á cidade nunha democracia participativa (Luís Villares Naveira)