Presentación Cinegalicia 2019 en A Coruña

Fecha 20-12-2019
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Presentación Cinegalicia 2019 en A Coruña.

Hai trinta anos, en 1989, fíxose un evento (da vida, non do Facebook) no que se estrearon ‘Sempre Xonxa’, ‘Continental’ e ‘Urxa’, tres películas das que se dixo que marcaron “o despegue da historia do cinema galego”. Desde A Cuarta Parede decidimos aproveitar a efeméride para revisar aquelas obras cunha perspectiva diferente, e xuntamos a unha chea de persoas nacidas despois daquel 1989 para facer pezas que dialogasen con aquelas, dende o cinema pero tamén dende a música, o deseño e a crítica. Chamámolo Cinegalicia 2019, e participaron moitísimas persoas.
Agora as pezas están feitas e facemos este evento (da vida e do Facebook) para estrealas e presentalas en público ao mundo. Terá lugar o VENRES 20 no Baixo, local multidisciplinar na Coruña, ubicado no barrio da Gaiteira (concretamente na Rúa Ponte, número 8), a partir das 20:30. Como nos mellores eventos cinematográficos galegos, haberá uns pinchiños e, logo de coñecer os vídeos, carteis, músicas e textos do proxecto cos seus autores e autoras, haberá unha pinchada a cargo de ELBA DJ.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×