Noticias de Hoy
casa museo em,ilia pardo bazan E

Casa Museo Emilia Pardo Bazán

Dámoslle a benvida á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
A Casa-Museo atópase na casa na que viviu a afamada escritora Emilia Pardo Bazán. A autora caracterízase por ser unha muller de orixe ilustre e cultivadora de diversos xéneros literarios, con presenza activa na sociedade da época.
Este edificio sitúase no actual número 11 da rúa Tabernas, na Cidade Vella da Coruña.
A través das distintas salas, as visitas poderán coñecer a figura de Pardo Bazán, mergullándose na súa vida e a súa obra, así como no contexto histórico da Coruña e Madrid da segunda metade do século XIX e afondarán nas pegadas visibles hoxe en día da escritora.
A casa na que a escritora pasou boa parte da súa vida, acolle a sede da Real Academia Galega por expresa vontade das herdeiras da condesa, en agradecemento á institución que a nomeou presidenta honoraria desde a súa fundación, o 30 de setembro de 1906.

Desexamos que entenda esta visita coma un percorrido relaxado e activo. Camiñe, pescude, dubide e busque respostas.

Convidámolos a coñecer a casa e a vida de Emilia Pardo Bazán.

Horario de verán

Desde o día 1 de xullo o día 31 de agosto.

De luns a venres de 8:30 a 14:45 horas.

Fin de semana e días festivos a Casa-Museo permanecerá pechada.

Horario de inverno

Desde o día 1 de setembro o día 30 de xuño.

De luns a xoves de 9:00 a 14:45 horas e de 16:30 a 19:45 horas.
Venres de 9:00 a 14:45 horas.

Fin de semana e días festivos a Casa-Museo permanecerá pechada.

 


No hay resultados
no_image
Lugo | Pontevedra | Ourense | Coruña | Santiago | Vigo | Ferrol

Museos

9 de diciembre de 2023