Noticias de Hoy
MEDIA
Localidad: A Coruña
Fecha: 17/02/2019
Horario: 10:00 a 10:00

Medio Maratón Coruña21 2019

Medio Maratón Coruña21 2019.

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 17 de febreiro de 2019 o XI Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros.

A saída da carreira terá lugar ás 10:00 horas. A saída da carreira para persoas discapacitadas en cadeira de rodas darase con antelación á absoluta, e o seu horario definitivo será comunicado antes da data da carreira.

O peche da proba realizarase ás 12:30 (2 horas e 30 minutos despois da súa saída). Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo km 10. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a/o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.

PERCORRIDO

O percorrido para o medio maratón consta de 2 voltas, a primeira de 9.340 m de lonxitude aprox. e a segunda de 11.757 m aprox., situada no centro urbano da cidade da Coruña, que cobre os 21.097,5 metros.

Saída: estará situada no Obelisco e a liña de meta estará situada exactamente na mesma liña da saída.

SAÍDA: Cantón Grande (Obelisco)
Volta 1 (curta) Volta 2 (Longa)
Cantón Grande (ida) Cantón Grande (ida)
Cantón Pequeno (ida) Cantón Pequeno (ida)
Praza de Mina (ida) Praza de Mina (ida)
Sánchez Bregua (ida) Sánchez Bregua (ida)
Praza de Ourense (ida) Praza de Ourense (ida)
Linares Rivas (ida) Linares Rivas (ida)
Primo de Rivera (ida) Primo de Rivera (ida)
Praza da Palloza (ida) Praza da Palloza (ida)
Av. do Exército lateral (ida) Av. do Exército lateral (ida)
Rotonda Rolda de Outeiro (xiro 180º) Rotonda Rolda de Outeiro (xiro 180º)
Av. do Exército lateral (volta) Av. do Exército lateral (volta)
Estrada do Porto (ida) Estrada do Porto (ida)
Rotonda San Diego (ida) Rotonda San Diego (ida)
Estrada do Porto (ida) Estrada do Porto (ida)
Rotonda Oza (xiro 180º) Rotonda Oza (xiro 180º)
Estrada do Porto (volta) Estrada do Porto (volta)
Rotonda San Diego (volta) Rotonda San Diego (volta)
Estrada do Porto (volta) Estrada do Porto (volta)
Avenida do Exército (Casa do Mar, volta) Avenida do Exército (Casa do Mar, volta)
Praza da Palloza (volta) Praza da Palloza (volta)
Primo de Rivera (volta) Primo de Rivera (volta)
Linares Rivas (volta) Linares Rivas (volta)
Praza de Ourense (volta) Praza de Ourense (volta)
Sánchez Bregua (volta) Sánchez Bregua (volta)
Praza de Mina (volta) Praza de Mina (volta)
Cantón Pequeno (volta) Cantón Pequeno (volta)
Cantón Grande (volta) Cantón Grande (volta)
Av. da Mariña (ida) Av. da Mariña (ida)
Paseo Peonil da Dársena Paseo Peonil da Dársena
Porta Real (ida) Porta Real (ida)
Paseo Peonil da Dársena/Parrote (ida) Paseo Peonil da Dársena/Parrote (ida)
Paseo das Ánimas (ida) Paseo das Ánimas (ida)
Rotonda das Ánimas (xiro 180º) Rotonda das Ánimas (ida)
Paseo das Ánimas (volta) Paseo Marítimo / Hípica (ida)
Paseo Peonil da Dársena/Parrote (volta) Paseo Marítimo / Pelamios (xiro 180º)
Porta Real (volta) Paseo Marítimo / Hípica (volta)
Av. de Montoto Rotonda das Ánimas (volta)
Av. da Mariña (volta) Paseo das Ánimas (volta)
Cantón Grande (Obelisco) Paseo Peonil da Dársena/Parrote (volta)
  Porta Real (volta)
  Av. de Montoto
  Av. da Mariña (volta)
  Cantón Grande (Obelisco)
META: Cantón Grande (Obelisco)

Tempo de chegada

O peche da proba realizarase ás 12:30, 2 horas e 30 minutos despois da súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo km 10. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a persoa participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.

Características do circuíto

O percorrido estará completamente cerrado ao tráfico e acoutado con valos e outros elementos delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo mobiliario urbano. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.

A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado e zonas peonís debidamente sinalizadas. Está prohibido o uso como zona de carreira das beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas etc. O incumprimento desta norma, así como o recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación da persoa infractora.

media maraton