Medio Maratón Coruña21 2019.
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 17 de febreiro de 2019 o XI Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros.
A saída da carreira terá lugar ás 10:00 horas. A saída da carreira para persoas discapacitadas en cadeira de rodas darase con antelación á absoluta, e o seu horario definitivo será comunicado antes da data da carreira.
O peche da proba realizarase ás 12:30 (2 horas e 30 minutos despois da súa saída). Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo km 10. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a/o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.
PERCORRIDO
O percorrido para o medio maratón consta de 2 voltas, a primeira de 9.340 m de lonxitude aprox. e a segunda de 11.757 m aprox., situada no centro urbano da cidade da Coruña, que cobre os 21.097,5 metros.
Saída: estará situada no Obelisco e a liña de meta estará situada exactamente na mesma liña da saída.
| SAÍDA: Cantón Grande (Obelisco) | |
| Volta 1 (curta) | Volta 2 (Longa) |
| Cantón Grande (ida) | Cantón Grande (ida) |
| Cantón Pequeno (ida) | Cantón Pequeno (ida) |
| Praza de Mina (ida) | Praza de Mina (ida) |
| Sánchez Bregua (ida) | Sánchez Bregua (ida) |
| Praza de Ourense (ida) | Praza de Ourense (ida) |
| Linares Rivas (ida) | Linares Rivas (ida) |
| Primo de Rivera (ida) | Primo de Rivera (ida) |
| Praza da Palloza (ida) | Praza da Palloza (ida) |
| Av. do Exército lateral (ida) | Av. do Exército lateral (ida) |
| Rotonda Rolda de Outeiro (xiro 180º) | Rotonda Rolda de Outeiro (xiro 180º) |
| Av. do Exército lateral (volta) | Av. do Exército lateral (volta) |
| Estrada do Porto (ida) | Estrada do Porto (ida) |
| Rotonda San Diego (ida) | Rotonda San Diego (ida) |
| Estrada do Porto (ida) | Estrada do Porto (ida) |
| Rotonda Oza (xiro 180º) | Rotonda Oza (xiro 180º) |
| Estrada do Porto (volta) | Estrada do Porto (volta) |
| Rotonda San Diego (volta) | Rotonda San Diego (volta) |
| Estrada do Porto (volta) | Estrada do Porto (volta) |
| Avenida do Exército (Casa do Mar, volta) | Avenida do Exército (Casa do Mar, volta) |
| Praza da Palloza (volta) | Praza da Palloza (volta) |
| Primo de Rivera (volta) | Primo de Rivera (volta) |
| Linares Rivas (volta) | Linares Rivas (volta) |
| Praza de Ourense (volta) | Praza de Ourense (volta) |
| Sánchez Bregua (volta) | Sánchez Bregua (volta) |
| Praza de Mina (volta) | Praza de Mina (volta) |
| Cantón Pequeno (volta) | Cantón Pequeno (volta) |
| Cantón Grande (volta) | Cantón Grande (volta) |
| Av. da Mariña (ida) | Av. da Mariña (ida) |
| Paseo Peonil da Dársena | Paseo Peonil da Dársena |
| Porta Real (ida) | Porta Real (ida) |
| Paseo Peonil da Dársena/Parrote (ida) | Paseo Peonil da Dársena/Parrote (ida) |
| Paseo das Ánimas (ida) | Paseo das Ánimas (ida) |
| Rotonda das Ánimas (xiro 180º) | Rotonda das Ánimas (ida) |
| Paseo das Ánimas (volta) | Paseo Marítimo / Hípica (ida) |
| Paseo Peonil da Dársena/Parrote (volta) | Paseo Marítimo / Pelamios (xiro 180º) |
| Porta Real (volta) | Paseo Marítimo / Hípica (volta) |
| Av. de Montoto | Rotonda das Ánimas (volta) |
| Av. da Mariña (volta) | Paseo das Ánimas (volta) |
| Cantón Grande (Obelisco) | Paseo Peonil da Dársena/Parrote (volta) |
| Porta Real (volta) | |
| Av. de Montoto | |
| Av. da Mariña (volta) | |
| Cantón Grande (Obelisco) | |
| META: Cantón Grande (Obelisco) | |
Tempo de chegada
O peche da proba realizarase ás 12:30, 2 horas e 30 minutos despois da súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo km 10. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a persoa participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.
Características do circuíto
O percorrido estará completamente cerrado ao tráfico e acoutado con valos e outros elementos delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo mobiliario urbano. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.
A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado e zonas peonís debidamente sinalizadas. Está prohibido o uso como zona de carreira das beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas etc. O incumprimento desta norma, así como o recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación da persoa infractora.