Inherente Teatro

Fecha 18-12-2020
Hora 18:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Casa da Cultura de Sada.

Todas as persoas que se acheguen este venres 18 ás 18:30 á Casa da Cultura de Sada poderán desfrutar da nova proposta ButacaZero en coprodución con Inherente Teatro, unha sinxela peza de máscara larvaria, pensada para rúa, que finalmente verá a luz no Auditorio Muncipal por mor dos adiamentos provocados pola Covid.

Velliñas, é un espectáculo que tenta ser un impulso para facernos camiñar de novoTres mulleres maiores deciden embarcarse, a pesar da idade, nunha viaxe a pe de cara a Santiago de Compostela. Pero esta premisa non é máis que a escusa para facer ver en escena todos os problemas polos que pasamos día a día na convivencia: os medos que nos atrapan e non nos permiten camiñar, as imprudencias que nos fan perder o norte… E para contar esta sinxela historia que soborda humanidade  decidimos utilizar as ferramentas actorais máis básicas grazas á máscara larvaria, e valernos dos menos elementos posíbeis.

Con dirección de Xavier Castiñeira e dramaturxia de Esther F. Carrodeguas sobre a peza orixinal de Inherente Teatro, tres actrices: Noelia Blanco, Noa Covelo e Pia Nicoletti, fannos entrar nun mundo máxico no que tanto a rapazada como as persoas maiores poderán desfrutar dun pequeno bocado teatral que nos anime a todos a seguir camiñando da man de Ramona, Filomena e Anabel, tres personaxes entrañables. Porque sobre todo Velliñás é unha homenaxe a todos os nosos e nosas maiores: un canto teatral que nos empurra a non desistir no noso empeño, sexa cal sexa a idade

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×