Festival Resis 2021

Fecha 24-04-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

O festival Resis é un festival internacional anual de música contemporánea e artes vivas que xurde da necesidade de crear na Coruña unha plataforma estable de estrea e difusión da música contemporánea.

Esta cuarta edición celebrarase do 22 de abril ao 6 de xuño con 17 composicións e inclúese a colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a estrea en primicia de máis de 30 obras de artistas que son referentes internacionais.

A organización levará os concertos a diferentes lugares da cidade como a Fundación Luis Seoane, a igrexa das Capuchinas, a casa museo Casares Quiroga, a sala de exposición Palexco, a Domus, o museo Muncyt, o Aquarium Finisterrae, o pazo municipal e o teatro Colón.

A entrada ao festival é de balde aínda que deberán retirarse fisicamente a partir do 16 de abril en cada lugar que acolla o festival.

Ademais, na programación destacan concertos como ‘ Mikrokosmos’, de Roberto Oliveira; ‘ Realidade’, de Pulso Ensemble; ‘Sólidos e Líquidos’, do Grupo Ixor; o concerto para piano ‘ Telescope’, coa intérprete Elisa Vázquez Doval, e ‘ Ombra Dei Suono’, do Cuarteto Matrice con escenografía da artista Iria do Castelo. Pechará o festival o concerto ‘Gran Torso’ coa estrea de ‘ Jalons’ no Teatro Colón.

Programación

24 de abril na igrexa das Capuchinas – Grupo Instrumental Siglo XX

2 de maio en Palexco – Camerata OSG

9 de maio en Palexco – Quinteto Schubert

23 de maio na Fundación Luis Seoane – Grupo Untía

23 de maio – Zoar Ensemble 

30 de maio na sala de exposicións do Palacio Municipal – Orphelion Ensemble

6 de xuño no teatro Colón – OSG Sinfonietta

Ademais, haberá actuacións nas que non participarán os músicos da Sinfónica como son na Casa Museo Casares Quiroga, a Domus, o Muncyt e o Aquarium Finisterrae.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×