Noticias de Hoy
Elas son artistas 2020
Localidad: A Coruña
Fecha: 12/02/2020
Horario: 22:00 a 22:00

Festa de presentación Elas Son Artistas 2020 en A Coruña

Festa de presentación Elas Son Artistas 2020 en A Coruña.

Concierto de ByWater Call.

Elas Son Artistas celebrará a súa primeira festa de presentación o próximo 12 de febreiro na Sala Mardi Gras de A Coruña coa visita dos canadenses Bywater Call, unha marabillosa banda cos mellores sons americanos liderada pola poderosa e enérxica voz de Meghan Parnell e a suxestiva guitarra de Dave Barnes.

A banda recolle no seus sons as mellores influencias do southern soul, o gospel e o blues de artistas como The Allman Brothers Band, Tedeschi Trucks Band, Aretha Franklin, Otis Redding, The Band... gañándose inmediatamente o respecto do circuíto de festivais canadense cunha gran forza escénica, un despregamento impresionante de sete músicos poñendo, suor e forza en cada unha das súas cancións e actuacións, chegando a estar nomeados a 'Best New Artist' no seu país.

As entradas anticipadas están á venda en Ataquilla, na tenda Rockbox Overdrive, en El Tren e no Creedence Rock Bar da Coruña.

https://www.youtube.com/watch?v=xQ8PcF04gbs&feature=youtu.be