Noticias de Hoy
do 3 ao 9 de decembro
Fecha: 03/12/2020 a 09/12/2020

Expoconvento

Igrexa dos Pais Capuchinos de Coruña do 3 ao 9 de decembro.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta tarde a feira Expoconvento que este ano celebra a súa X edición e que ten lugar do 3 ao 9 de decembro na igrexa dos Pais Capuchinos de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Na visita estivo acompañado por Francisco Javier Mosquera, director de Expoconvento e polo Pai Fray Rosendo, superior da comunidade dos Pais Capuchinos.

Trenor puxo en valor o traballo dos organizadores deste evento planificado respectando escrupulosamente todos os requisitos sanitarios para garantir a seguridade dos asistentes. Ademais, destacou que nunhas datas tan sinaladas é unha oportunidade única poder adquirir doces de 35 conventos de toda España, cinco dos cales son galegos e dous están na cidade da Coruña, concretamente, As Clarisas de Santa Bárbara e as Carmelitas de Eirís.

O delegado da Xunta animou a todos a asistir a esta feira que ofrece a posibilidade de sacar fora dos muros dos conventos a repostería e as receitas centenarias das monxas de todo o país preparadas de forma artesanal para vender nestas datas festivas.