Noticias de Hoy
desaramar
Fecha: 07/03/2014
Horario: 21:00 a 21:00

Desaramar 2014

Desaramar é a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar. Creado por Maria Xose Silvar (Sés), o proxecto tenta extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel.

Podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade. Para isto, promovemos un espectáculo musical en que Sés, apoiada pola súa banda e numerosos colaboradores fará un percorrido por temas propios e alleos que, dalgún modo, nos instalan nesta idea.

Desaramar, romper os arames que nos impiden vivir en paz, é posíbel. A educación na igualdade é posíbel e hai que levala a cabo desde todas as tribunas, tamén desde os escenarios.

E a unión é a chave: mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións.

Desta volta, Sés estará acompañada de:

  • Tereixa Novo (Fuxan os ventos)
  • Martín Sanjurjo (Saraibas)
  • Luis Tosar
  • Piti Sánz
  • Ugia Pedreira
  • Leo Arremecaghona
  • Mercedes Peón
  • Carlos Blanco

Podemos desaramar, e podémolo facer cantando.

Nesta ocasión celebrarase no Centro Agora da Coruña o día 7 de marzo as nove da noite.

Web: www.desaramar.com

[gallery columns="4" ids="6733,6734,6735,6736,6737,6738,6739"]