Concierto de SÉS en Fiestas de Maria Pita 2017

Fecha 2-08-2017
Hora 22:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto de SÉS en Fiestas de Maria Pita 2017

Fiestas Maria Pita 2017

María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés ou SES, nada na Coruña en 1982, é unha cantautora galega. Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais diso, é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social.

Foi no ano 2007 cando creou o grupo Chámalle Xis! xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galiza con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos e artistas coma Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 Sés gravou unha maqueta con tres temas “Tola atrás de ti”, “Admirando a condición” e “Se te vas”, producida por Airapro. En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudio chamado Admirando a condición, e o 7 de xuño de 2013 presentou o segundo álbum Co xenio destrozado, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. En 2015 saíu á venda o seu terceiro disco: Tronzar os valos. En novembro de 2016 lanza o sinxelo A Paz Esquiva, preludio do seu cuarto álbum: Opoñerse á extinción, que se lanza o 2 de decembro de 2016.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×