Concierto de Leilia en A Coruña

Fecha 7-06-2019
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto de Leilia en A Coruña.

Leilía emprende esta nova aventura cos pés postos no seu novo traballo discográfico e á vez botando a mirada ás nosas orixes e ao percorrido que levan feito xuntas, desde xa hai 30 anos.

Florece este espectáculo “CantarElas” unindo temas emblemáticos, que nos acompañaron e nos emocionaron nos directos, con temas pouco coñecidos e aos que revestiron co toque actual de Leilía. Con eles queren celebrar o seu aniversario, pechar o círculo conectando a orixe coa actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo.

Convídannos a viaxar da súa man a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos…, e a percorrer con elas a nosa historia, unha historia chea de fabulosos momentos grazas ao seu público, público ao que se deben e ao que queren agasallar con esta viaxe musical!

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×