Noticias de Hoy
deda
Localidad: A Coruña
Fecha: 31/01/2019
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto de Dead Combo en A Coruña

Concierto de Dead Combo en A Coruña.

DEAD COMBO lanzou o seu sexto álbum de estudio en Portugal o pasado mes de abril e entrou directamente ao #1 en todas as listaxes de éxitos portuguesas. " Odeon Hotel" —gravado e producido por Alain  Johannes (Queen  Of  Stone  Age,  PJ  Harvey, Chris  Cornell etc.) — resume moi ben a combinación perfecta entre o son tradicional portugués e a visión universal xa existente na composición das cancións de  DEAD COMBO. 

O novo disco, dispoñible en CD e dobre vinilo máis CD, ten 13 incribles temas que fan que a oínte viaxe a un hotel esquecido no tempo. A historia visual foi gravada con lendas portuguesas como Alexandre  Frazão á batería, Bruno Silva á viola de arco, percusións de Mick Trovoada e João Cabrita ao saxo. Alain Johannes, ademais das tarefas de produción e mestura, tamén toca no álbum. Un dos moitos momentos que ofrece este apaixonante disco é sen dúbida a presenza do cantante e compositor norteamericano Mark Lanegan que leva a súa voz profunda e única de barítono ao tema "I  Know, I  Alone", un dos poemas máis belos e aclamados escritos en inglés polo poeta portugués de renome internacional, Fernando Pessoa.

"Odeon Hotel" presentouse en directo en Portugal e será o punto de partida dunha ampla xira que se prolongará desde 2018 ata 2019 e traerá o grupo á Coruña.