Noticias de Hoy
Localidad: A Coruña
Fecha: 31/03/2017
Horario: 23:00 a 23:00

Concerto Braistalung Band en A Coruña

Concerto Braistalung Band en A Coruña.

Un proxecto de natureza Folk que bebe da tradición británica dos setenta, de homes como John Martyn ou Nick Drake e tenta mesturala con outros estilos como o Pop, a Psicodelia ou mesmo o Grunge dunha maneira sinxela e persoal.

A banda nace como o proxecto persoal de Brais S. Barreiro (Gancho Sanches, Espiño) en Barcelona dous anos atrás. Na sua volta á casa une forzas con Rafa Fernández (guitarra eléctrica), Saul System (teclado e coros) e Beny Mayo (batería e coros). Todos eles músicos de diferente índole que conforman o carácter e personalidade do grupo.