Cine Overseas 

Fecha 1-12-2020
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora

O 1 de decembro o Centro Sociocultural Ágora da Coruña acollerá ás 20 horas un documental sobre as mulleres filipinas que se ven obrigadas a ir ao estranxeiro para gañar a vida facendo de aias e traballadoras do fogar.

A mirada da directora Sung-a Yoon, mestura de humor negro e denuncia social, pon en evidencia unha forma encuberta de escravitude moderna.

Overseas segue a etapa de formación dun grupo de mulleres que se preparan para afrontar unha nova vida lonxe da casa. A maioría dos contratos laborais obríganas a pasar anos sen poder ver nin as fillas ou fillos nin a familia. Durante a sesión de formación na escola, as alumnas practican tanto o papel de empregada como o de dona/o, dando pé a situacións tan surrealistas como cativadoras. Pronto serán exportadas ao estranxeiro como se fosen mercadorías e quedarán soas ante a explotación laboral e agresións de todo tipo. Unha historia conmovedora que mostra a determinación dunhas mulleres valentes, que se irmandan sen perder o sentido do humor, e que comparten estratexias para afrontar o futuro con firmeza.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×