Noticias de Hoy
as_tears_1
Fecha: 23/02/2021 a 27/02/2021

CGAI-Filmoteca de Galicia

A programación do CGAI regresa o vindeiro martes día 23 de febreiro ás 19.00 horas coa proxección de Days of being wild de Wong Kar-wai.

Na semana do 23 ao 27 de febreiro, recuperan os títulos pendentes de proxección do mes de xaneiro. Podedes consultar xa a programación.  

PROGRAMACIÓN

  • Martes 23 - Days of Being Wild ás 19:00 horas - VOSE/DCP - Universo Wong Kar-Wai - Entrada de balde
  • Mércores 24 -  El año del descubrimiento ás 17:30 horas - VO/DCP - Fóra de Serie - Coloquio (virtual) co seu director. Entrada de balde (2º pase o 2 de marzo)
  • Xoves 25 - As Tears Go By ás 19:00 - VOSE/DCP - Universo Wong Kar-Wai - Entrada de balde
  • Venres 26 - El principio del fin de las armas nucleares ás 19:00 horas - Álvaro Orús - VO/HD - Fóra de Serie - Presentación (virtual) do seu director e mesa redonda - Entrada de balde
  • Sábado 27 - El niño y la bestia ás 18:00 horas - Mamoru Hosoda - VOSE/DCP - CGAI JÚNIOR - Entrada de balde (+10 anos) 

 

Universo Wong Kar-Wai

Wong Kar-wai converteuse nun cineasta de culto nos anos noventa con filmes como Chungking Express (1994) ou Happy Together (1997). Porén, a súa verdadeira consagración internacional chegaría en 2000 con Deseando amar (In the Mood for Love), a película que se pode considerar o seu primeiro grande éxito e o título que o elevaría aos altares do cine de autor internacional (un deses nomes indiscutibles, como Michael Haneke, Pedro Almodóvar ou David Lynch), ata o extremo de que, ao finalizar a primeira década do novo século, aquela película figuraba nos primeiros postos da maioría das listaxes das mellores daqueles anos. Deseando amar...

Fóra de serie

Escolma de películas que, por unha razón ou outra, non encaixan en ningún ciclo concreto mais que consideramos importante mostrar polos seus valores artísticos. Moi a miúdo son apostas complicadas de proxectar ou estreas dese ás veces chamado cine invisible que non chega ás salas comerciais ou só de xeito moi marxinal.

CGAI Júnior 

Cada mes CGAI jr propón unha serie de títulos que acheguen aos máis novos a riqueza e a diversidade do cine. Descubrimos novas emocións e o pracer de compartilas con outros espectadores na mesma sala,  viaxamos por outras épocas e lugares, estendemos horizontes, gozamos … e amamos o cine!