Concerto de Carles Trepat no Teatro Colón o xoves 9 de xaneiro.
Carles Trepat (Lleida, 1960) sobresae, sen dúbida, entre os actuais guitarristas de guitarra clásica. Tanto como o virtuosismo, a excepcional musicalidade sinala o seu estilo, moi persoal. O seu repertorio abarca dende o flamenco e o contemporáneo ata o renacemento e o barroco.
Carles Trepat interpreta habitualmente con guitarras emblemáticas de algún dos mestres máis importantes: Antonio Torres, Santos Hernández e José L. Romanillos. Publicou varias pezas orixinais e a súa Homenaxe a Baden Powell foi premiada no Carrefour Mondiale de la Guitare de Martinique de 1994. Gravou varios CDs entre o sque cabe citar os dedicados a Mompou e Quiroga, e o máis recente, El Albaicín, coa primeira grabación dunha peza da “Iberia” de Albéniz a guitarra soa, El Romancero Gitano i 10 Cançons tradicionals (2008, co Cor de Cambra do Palau de la Música Catalana) ou Boccherini: La música notturna delle strade de Madrid (2011).