Noticias de Hoy
Voaxa e Carmin
Fecha: 24/02/2017
Horario: 21:00

Voaxa e Carmín en Vigo

Voaxa e Carmín en Vigo.

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas até a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear os mozos, insultar as mozas... Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que dá voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela nunha proposta de teatro de actrices sobre un gran lenzo audiovisual: unha Compostela máxica.

Compañía: ButacaZero
Espectáculo: Voaxa e Carmín
Idade recomendada: público adulto
Duración: 80 minutos
Prezo: 8 €

⚙ Configurar cookies