The Wild festival 2021

Fecha 4-09-2021 a 5-09-2021
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

 

A terceira edición de The Wild, festival promotor da defensa da natureza celebrado na comarca de Vigo, xa está de novo en marcha. Deste xeito, o 4 e 5 de setembro, o Parque Forestal de San Miguel de Oia acollerá esta cita multidisciplinar na que se poderá gozar de actividades lúdicas, deportivas e de concienciación.

¿O obxectivo? “Converterse, un ano máis, nun espazo integrador no que pasar unha xornada diferente, apreciando a natureza e respectando o medio ambiente” afirma Juan Pablo Pérez, director de The Wild.

The Wild Fest xa non é un descoñecido na comarca e quere repetir o éxito colleitado anterior certame, polo que pasaron máis de 1500 persoas. “Pese a que foi unha edición complexa, debido a crise sanitaria provocada pola Covid-19, estamos moi satisfeitos co resultado. Non só se cumpriron todas as medidas de seguridade, senón que tanto o público coma os profesionais quedaron encantados co evento” explica Juan de Castro, xestor cultural do evento.

ACTIVIDADES 

Na videira edición, The Wild quere retomar a carreira de obstáculos The Wild Race, evento cheo de adrenalina que animará aos máis aventureiros a superarse a si mesmos e a pasar un bo rato nun lugar tan máxico coma San Miguel de Oia, onde se pode gozar dunha das mellores vistas ás Illas Cíes.

Doutra banda, tampouco faltarán os concertos. O ano pasado púidose desfrutar de grupos coma Arizona Baby, Terbutalina, Escuchando Elefantes ou The Broke e “este ano non será menos” comenta Juan de Castro quen engade que “en breves poderemos anuncialos, pero adiantamos que haberá unha boa dose de rock&roll”.    

Ademais, o cinema de natureza volverá con forza este ano. Nesta ocasión, cunha coidada selección dos mellores traballos medioambientais da temporada, escollidos entre os festivais máis destacados do mundo.

Por suposto, tamén haberá un oco destacado para actividades infantís, faladoiros, postos de artesanía e, sobre todo, moita paixón pola natureza.

En definitiva, The Wild volve a comarca para ser un festival medioambiental e familiar no que gozar dunha gran variedade de actividades deportivas, lúdicas e de concienciación nun entorno natural e salvaxe.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×